Anna Champeney

Anna Champeney, creadora téxtil asentada na Ribeira Sacra, ofrécelle aos clientes deseños orixinais en liño, caxemira, seda e la, fibras todas elas tinxidas con tinguiduras naturais. O trazo orixinal do seu deseño é o vínculo do contemporáneo e a práctica artística con elementos do tecido tradicional galego, coma o "gorullo" ou a felpa. O obradoiro goza dunha situación idílica. Nunha antiga adega familiar de pedra, no corazón da Ribeira Sacra, asomando sobre o río Sil, na aldea de Cristosende.

Alí é onde se deseñan os tecidos e onde se tecen e se rematan á man. Ademais, no obradoiro tamén se tinguen manualmente os fíos, xa que a artesá se encarga ela mesma de extraer as tinguiduras naturais, extraídas de plantas que son froito dun cultivo ou dunha recolección sustentable na propia Ribeira Sacra.

Coxíns do deseño "lunares e cadros" realizados con tinguiduras naturais Como resultado, o obradoiro posúe a súa propia gama de tecidos individuais, feitos á man e respectando o medio ambiente, que reflicten a beleza natural da propia Ribeira Sacra.

A parte do obradoiro que está dedicada á venda e á exposición conta cun horario fixo de apertura durante o mes de agosto (de martes a domingo) no que tamén se ofrecen visitas guiadas. Fóra desa tempada, os clientes e os interesados en xeral poden acudir ao obradoiro, previa cita, tanto para ver ou mercar tecidos como para participar nunha visita guiada. No obradoiro tamén se ofrecen actividades de formación, de carácter intensivo e residencial, sobre deseño téxtil e tinguiduras naturais tanto para principiantes como para aqueles profesionais interesados en aprender o tecido galego do gorullo ou da felpa.>

Artesanía única

Fíos Os tecidos creados no obradoiro téxtil de Anna Champeney realízanse ben como pezas únicas ben en series limitadas de entre 3 e 25 pezas nun tear manual de madeira de oito lizos. A la amolecida, o liño coa súa firmeza ou a suavidade da seda e da caxemira son as opcións que o obradoiro ofrece na súa gama de fíos. Os deseños máis afortunados poden repetirse ou variarse lixeiramente no sucesivo pero o obradoiro busca sempre a creación de un ou de dous novos deseños cada ano como resultado do longo proceso de mostraxe, que pode incluír a experimentación con novas tinguiduras ou novos fíos, ou a exploración de novas estruturas.

De entre as pezas desenvolvidas no obradoiro cómpre mencionar os chales de dobre tea. O peso e a estrutura aberta que permite a dobre tea, ademais de diminuír o efecto da engurra, confírenlles, coa axuda de sutís coloracións naturais, especial caída, distinción e elegancia.

A gama de toallas de liño, de fácil lavado, está intencionalmente creada para sacar a este artigo do inmerecido recuncho do decorativo. A suma de calidades da máis saudable das fibras fana ideal baixo o xeito de toalla de viaxe ou para o coidado persoal no baño cotián ou no balneario. Están tecidas coa estrutura clásica chamada "huck" que incrementa a función absorbente, e están rematadas cunha vainica, que realza a súa presentación, o que reflicte a preferencia persoal que Anna ten polo liño. "Uso sempre toallas de liño tanto no baño coma na cociña e considéroo o meu pequeno luxo de cada día".

Os tecidos en felpa ou "gorullo" son recoñecibles como un dos trazos da tradición galega. A súa antigüidade é milenaria posto que foi usada en antigas colchas e pezas cortas, e en Europa quedan escasos vestixios desta técnica, que foi común en Galiza ata hai poucas décadas. Por iso, o obradoiro de Anna Champeney entende que é un privilexio o feito de poder traballar, cunha técnica tan antiga e ao mesmo tempo o de lle poder dar un toque moderno nos seus deseños.

O resultado disto é unha gama de coxíns de cores, normalmente realizados por encargo, que son distintos a calquera produto seriado. Cada coxín pide aproximadamente un día e medio de traballo e poden incorporar letras ou deseños personalizados, que se poden inspirar por exemplo en debuxos infantís, motivos románicos ou deseños tomados de colchas antigas. As cores das las, obtidas artesanalmente, cobren os tres ou catro mil bucles que conforman aproximadamente a peza.

Do mesmo xeito realízanse pezas de formato máis grande, de carácter mural, con deseños adaptados da fotografía dixital, e que son a culminación de semanas ou de meses de traballo e de ideas, co que conseguimos unir a máis xenuina tradición téxtil local coa expresión contemporánea.

Anna Champeney traballa como artesá téxtil con voz propia dentro do mundo da artesanía galega. Isto débese quizais en parte ao seu currículo anterior, pouco usual para unha artesá. Nace no Reino Unido, de pai físico de profesión e nai violinista. Comeza a súa formación académica no eido da dirección de museos e realiza o Máster en Museos pola universidade de Leicester, en 1993. Traballou no sector das galerías no Reino Unido na década dos 90 e especializouse na organización e na dirección de exposicións itinerantes de artesanía contemporánea e tamén noutros proxectos de desenvolvemento da artesanía.

Este período brindoulle a oportunidade de realizar un número de catálogos e de artigos, entre eles inclúese "Teapotmania" (Teteiras contemporáneas, 1998), "Made in the Midlle" (Artesanía contemporánea dos West Midlands, 1999), "Reclaimed, Acclaimed" (Artesanía e deseño contemporáneos de materiais reciclados, 1998), e "Ikons of Identity" (Máscaras e Headpieces, 2000). O traballo da organización de exposicións púxoa en contacto directo coa vangarda artesá do Reino Unido e permitiulle colaborar con algúns dos mellores e máis interesantes artesáns.

Con todo, outro dato que explica o xeito de pensar de Anna e que inflúe nela durante a mesma década dos 90 foron os tres proxectos de investigación que realizou en Galiza grazas a varias bolsas de estudo que lle concederon a Vicente Cañada Blanch Foundation, o Horniman Museum e mais a Anglo-Spanish Society. Os estudos "MA Thesis" (1993), "Los Ancares Project" (1995) e "Las Colchas de Galicia" (1998), que foron o seu resultado, levárona a establecer un vínculo con Galiza e a apreciar a súa tradición artesá, o que a animou a deixar o seu país natal para establecerse en Galiza e aprender o oficio de tecedora téxtil.

Coñece máis

O obradoiro de Anna Champeney presenta unha orixinal proposta para o tempo de lecer. Xunto co seu compañeiro, o cesteiro Lluis Grau, Anna está a desenvolver un proxecto que relaciona o turismo coa artesanía. Na propia aldea de Cristosende e ao carón dos seus obradoiros de traballo, a parella restaurou e acondicionou "A casa dos artesáns", na que se lle ofrece a todos os ocupantes a oportunidade de facer cursos de iniciación e de especialización tanto nas técnicas do tecido tradicional como no oficio do cesteiro, que poden durar un día, unha fin de semana ou mesmo tres semanas, para aqueles que teñan maior interese.

Por outro lado, os artesáns tamén ofrecen charlas explicativas sobre estes oficios, sobre a tradición artesanal en Galiza ou sobre os mosteiros da Ribeira Sacra, que acompañan cunha degustación de produtos da zona.

"Tratamos de que a casa respire de cousas feitas coas mans, así que tratamos de decorala non só con pezas elaboradas por nós senón con pezas de artesanía en xeral", comenta Anna Champeney. A Casa dos artesáns está ateigada de pezas únicas. Coxíns de felpa galega, sacos elaborados en liño, cestos culeiros, colchas trapeiras, salvamanteis de vimbio, máscaras de antroido, cerámica de Gundivós e Niñodaguia, olaría de Bonxe, sillóns elaborados á man, etc.

Na casa tamén hai un espazo para lles render homenaxe a todos os artesáns que dedicaron o seu tempo a lle aprender a Anna e a Lluis as técnicas tradicionais dos oficios de tecido e de cestaría en Galiza. A súa intención é encher os corredores da casa con fotografías destes mestres, a maioría xa desaparecidos.

Anna e Lluis completan o ambiente artesán que se respira na casa a través de revistas e de libros especializados en artesanía e nos seus diferentes oficios. "Esta é unha casa bastante artesanal porque está feita por nós mesmos", sinalan, "está nun lugar moi tranquilo e moi verde, con moita luz, a xente atópase moi cómoda nesta casa e nós tratamos de conservar a identidade da casa. Queremos que a xente se sinta coma se estivese nunha casa antiga, aínda que con máis comodidades".

  • Fular serie "Teresa"

    Fular serie "Teresa"

    Cada peza, dentro da serie, é diferente, coas tinguiduras naturais dispoñibles no momento de tecelos. Tecido coa técnica de dobre tea, os fulares Teresa teñen un tacto especial e pódense levar durante todo o ano, no só no verán.

  • Fular Burbulla

    Fular Burbulla

    Fular do 75% liño e 25% la coas tinguiduras naturais da extracción propia. A peza ten un tacto especial e non require pranchado.

  • Chal Anna

    Chal Anna

    Un modelo popular debido á caída que ten e ao seu deseño elegante e feminino. Feito 100% en liño branco.

  • Fular "Burbulla"

    Fular "Burbulla"

    Un fular de dobre tea, de 75% liño con tinguidura natural e 25% la, o que lle dá unha calidade extra e un tacto especial. Peza única.

  • Fular "Squis"

    Fular "Squis"

    Un dos fulares do Estudo Téxtil de liño que non require pranchado. Feito 75% en liño e 25% la.

  • Fular de caxemira

    Fular de caxemira

    O fular de caxemira ten un tacto moi moi suave - perfecto para os días fríos do inverno. Tinguidura natural: cochinilla.

  • Fular "Vieira"

    Fular "Vieira"

    Fular de deseño innovador e actual, de 75% liño, 20%, 5% elastano. Non require pranchado.

  • Fular serie "Teresa" 02

    Fular serie "Teresa" 02

    Outra peza única, dentro da serie de fulares "Teresa". Peza única tecida coa técnica de dobre tea.100% liño coas tinguiduras naturais.Pódese enviar por correo.

  • Capiña de liño para bebés

    Capiña de liño para bebés

    Unha capiña de 100% liño, 80 x 80 cm, coa capucha que se pode empregar como toalla, mantiña ou para levar o bebé nos brazos. Pódese lavar na lavadora. O liño é fresco, máis absorbente ca o algodón, e canto máis se lava suavízase moito máis. Un obsequio moi especial.

  • Cadro enmarcado (peza única) "Vocabulario"

    Cadro enmarcado (peza única) "Vocabulario"

    Peza única, atractiva e provocadora, tecida na técnica antiga da Felpa Galega (gorullo / sacado ao dedo) con liño e la con tinguiduras naturais.

  • Kimono de liño Kimono de liño

    Kimono de liño Kimono de liño

    Peza única de inspiración xaponesa, tecida 100% en liño.

  • Serie "Sorriso" (peza única)

    Serie "Sorriso" (peza única)

    Pezas complexas e innovadoras que empregan a técnica antiga galega da Felpa (gorullo) coa fotografía dixital, para tecer pezas que recordan a arte contemporánea PopArt dos anos 60.

  • Porta Antiga con cravos

    Porta Antiga con cravos

    Cadro enmarcado, realizado coa técnica da felpa galega (gorullo), o tecido galego de bucles.Deseño abstracto, inspirado nas portas antigas das adegas da Ribeira Sacra galega.

  • Sacos "Roxos" (101 Usos)

    Sacos "Roxos" (101 Usos)

    As versións modernas dos sacos "roxos" da Ribeira Sacra son útiles e atractivos. Úsanse no baño, na cociña - para allos ou para herbas - ou na habitación - para a roupa ou para os zapatos. Hai unha infinidade de cores - porque cada peza é diferente.

  • Mini Tecidos

    Mini Tecidos

    Unha gama de bolsiñas atractivas, todas cos deseños do tecido antigo galego. Tecidas á man, como se fixo sempre en Galicia, con liño, la do país e tinguiduras naturais. Ideal para o móbil, panos ou de lavanda.

  • Coxíns (encargo especial) de felpa galega

    Coxíns (encargo especial) de felpa galega

    Coxíns realizados por encargo en liño e las con tinguiduras naturais.

  • Coxíns modelo "Lunares e cadros"

    Coxíns modelo "Lunares e cadros"

    Coxíns tecidos en liño e la con tinguiduras naturais de grande sutileza. Posibilidade de encargar (verán - outono 2009)

  • Toallas 100% liño coas vainicas á man

    Toallas 100% liño coas vainicas á man

    Toallas finas tecidas con 100% liño - a fibra máis absorbente de todas. Lavables á máquina a 40ºC. Diferentes deseños para casas rústicas, pisos clásicos e modernos ou minimalistas.

  • Toalliñas e toalliñas tipo manopla en 100% liño

    Toalliñas e toalliñas tipo manopla en 100% liño

    As toalliñas e as toalliñas tipo manopla do AC Estudio Textil son ideais para coidar a pel. O liño é moi absorbente e lixeiramente exoliante.

  • Mini Tecidos

    Mini Tecidos

Enderezo

Cristosende, 78

32765 A Teixeira

Ourense

  • Teléfono: 669 600 620
  • Email: lluisyanna@terra.es