Armaior

No ano 2001 créase no lugar da Toca (Quiroga) o obradoiro de ebanistaría Armaior, coa intención de recuperar as características do moble tradicional galego. O obradoiro adícase a restaurar mobles antigos e a elaborar pezas novas, despois de mais de dez anos traballando a seu aprendizaxe concentrase na actualidade na elaboración dun pequeno catágolo de pezas escollidas e emblématicas do moble tradicional galego elaboradas en madeira de castiñeiro, coma por exemplo o Banco Escano, unha das súas especialidades.

 

O obradoiro ten outra faceta mais recente que é a elaboración de artesanía para cociña e decoración en madeira de oliveira; a comarca de Quiroga, onde se asenta o obradoiro, mantén o cultivo do olivo dende a antiguidade, sendo un dos únicos lugares de Galicia onde ainda hai oliveiras; un material autóctono de beleza espectacular e cunhas caracteristicas moi adecuadas para o seu uso na cociña e na decoración, o obradoiro elabora pequenas pezas como: táboas de cortar, morteiros, crebanoces, garfos, etc..

 

Armaior é froito dunha longa tradición familiar dedicada ao traballo da ebanistaría, polo que os irmáns Pablo e Álvaro Rodríguez González herdaron un oficio que estivo presente na súa familia durante xeracións. Co obxectivo de recuperar o moble tradicional galego, deciden crear o obradoiro artesán Armaior e restauran a casa familiar na aldea da Toca (Quiroga), onde agora existe unha tenda e exposición permanente á disposición dos visitantes. Durante estes anos teñen asistido a númerosas feiras, encontros, exposicións e mostras, e son socios da Asociación Galega de Artesáns dende 2009.

 

Na actualidade está a fronte en solitario do obradoiro o irmán pequeño, Pablo, que aposta firmemente pola elaboración de artesania en madeira de oliveira, mantén a elaboración dun pequeño e escollido catálogo de moble tradicional galego en madeira de castiñeiro é abre o horizonte do obradoiro co emprego da madeira de oliveira na búsqueda de novos retos para seguir medrando, apostando pola creatividade e a calidade.

  • Banco Escano

    Banco Escano

    Moble tradicional das lareiras galegas. Medidas: 200 cm. Madeira: castiñeiro.

  • Hucha escura

    Hucha escura

    Hucha orixinal con talla feita á man no proceso de restauración. Medidas: 160 x 50 cm. Madeira: castiñeiro.

  • Vitrina

    Vitrina

    Moble vitrina para comedor e cociña. Medidas: 210x110x40 cm. Madeira: castiñeiro.

  • Mesa e cadeiras

    Mesa e cadeiras

    Mesa e cadeiras sinxelas e robustas. Medidas: 200x 90 cm. Madeira: castiñeiro.

  • Cunca en madeira de oliveira

    Cunca en madeira de oliveira

    Cunca rústica. Material: madeira de oliveira. Medidas: 20 cm. de diámetro..

  • Garfos para olivas

    Garfos para olivas

    Garfos para pinchar as olivas. Material: madeira de oliveira. Medidas: 15 cm. de longo

  • Prato olivas

    Prato olivas

    Prato con dous ocos pra servir as olivas e recoller os osos. Material: madeira de oliveira. Medidas: 22 cm.

  • Meleira

    Meleira

    Meleira para gardar e servir o mel. Materiais: cristal e madeira de oliveira. Medidas: 8 x 10 x 8 cm.

  • Bandexa

    Bandexa

    Bandexa. Material: madeira de oliveira. Medidas: 30 cm

  • Morteiro

    Morteiro

    Morteiro para majar o allo. Material: madeira de oliveira. Medidas: 15 cm de diámetro.

Enderezo

Lugar da Toca, 4

27320 Quiroga

Lugo

  • Teléfono: 679226862
  • Email: armaior@hotmail.com