Artefíos Taller Textil

Nunha zona da Coruña, moi preto do Monte de San Pedro, nos Rosales, atópase o Taller Téxtil Artefíos.

Trátase dun centro no que se empregan teares de alto e baixo lizo para confeccionar diferentes produtos: chales, bufandas, toallas, tapices...

Traballamos con materiais de primeira calidade: liño, seda, algodón... para que os nosos produtos acaden a máxima calidade posible.

Unha vez rematadas as pezas pódense atopar no propio taller ou nalgunha das feiras nas que participamos. Algunhas das máis importantes son a Feira "Mostrart" e a Feira "Máis que Capaces", ambas as dúas na Coruña.

Coñécenos un pouco máis...

O noso taller é un centro aberto, está a disposición de todos aqueles que desexen coñecer os nosos produtos así coma o seu proceso de elaboración.

 

Ademais dende o noso taller lévanse a cabo actividades formativas, onde as persoas que estean interesadas en aprender esta técnica artesanal que pouco a pouco vai sendo esquecida teñen a posibilidade de facelo aquí.

Artesanía única

Os traballos que aquí se realizan son únicos e irrepetibles, posto que todo o proceso se realiza de xeito manual, dende a montaxe do tear ata o rematado final das pezas. Podemos distinguir dúas seccións principais na nosa liña de produtos:

  • Téxtil fogar: toallas de liño personalizadas, camiños de mesa, mantas...
  • Téxtil regalo: chales, bufandas, tapices...

Artefíos Taller Téxtil é un Centro Especial de Emprego que lle dá traballo a persoas con discapacidade intelectual e forma parte da Asociación de Padres para la Formación de Jóvenes Límite.

Esta Asociación xorde no ano 1989 como un Centro Ocupacional, no que se formou a unha serie de rapazas e rapaces con discapacidade en diferentes labores artesanais.

En 1991 créase o Centro Especial de Emprego Artefíos, dándolle a posibilidade de formar parte do mundo laboral a aquelas persoas que mellor adquiriran os coñecementos e destrezas necesarias para levar a cabo esta tradicional tarefa.

Actualmente contan coa Carta de Artesán e desenvolven o seu labor cunha calidade recoñecida coa marca de Artesanía de Galicia.

  • CHAL LIÑO-ALGODÓN

    CHAL LIÑO-ALGODÓN

  • CHALES LIÑO-RAIÓN-ALGODÓN-01

    CHALES LIÑO-RAIÓN-ALGODÓN-01

  • CHAL LIÑO CON NÓ MACRAMÉ

    CHAL LIÑO CON NÓ MACRAMÉ

  • CHAL LIÑO-RAIÓN-ALGODÓN-02

    CHAL LIÑO-RAIÓN-ALGODÓN-02

  • CHALES

    CHALES

  • BUFANDA LA

    BUFANDA LA

  • BUFANDA-LIÑO-ALGODÓN-01

    BUFANDA-LIÑO-ALGODÓN-01

  • BUFANDAS DE ALGODÓN

    BUFANDAS DE ALGODÓN

  • BUFANDAS-LIÑO-ALGODÓN-02

    BUFANDAS-LIÑO-ALGODÓN-02

  • CAMIÑO DE LIÑO-RAIÓN

    CAMIÑO DE LIÑO-RAIÓN

  • MANTA DE CADROS

    MANTA DE CADROS

  • MANTA GRIS

    MANTA GRIS

  • MANTA MORADA

    MANTA MORADA

  • TAPIZ-PEIXES

    TAPIZ-PEIXES

  • TAPIZ-HOME

    TAPIZ-HOME

  • TAPIZ ABSTRACTO

    TAPIZ ABSTRACTO

  • TAPIZ-BARCA

    TAPIZ-BARCA

  • TAPIZ-PAISAXE

    TAPIZ-PAISAXE

  • TOALLA DE LIÑO

    TOALLA DE LIÑO

  • XOGO DE TOALLAS

    XOGO DE TOALLAS

  • TOALLA PERSONALIZADA

    TOALLA PERSONALIZADA

  • CHAL

    CHAL

Enderezo

Rúa Simón Bolívar, 23 - Baixo

15011 A Coruña

A Coruña

  • Teléfono: 981 12 97 88
  • Fax: 981 12 97 88
  • Email: info@artefios.com