Atalanta Madera Artesana

No concello da Estrada, dentro da zona típica da artesanía da madeira da comarca de Tabeirós atópase Atalanta Madera Artesana. Este é un obradoiro de tornaría cunha tradición de polo menos sete xeracións familiares, dedicándose ao longo do tempo ao traballo coa madeira, adaptándose á produción e ás esixencias de cada época. A produción deste obradoiro xira entorno a dúas vertentes fundamentais: a tornaría orientada á carpintaría, con tiradas curtas de pezas de mobiliario (cadeiras, mesas,...) e onde unha vez marcada a madeira polos talleres de carpintaría (o deseño pode ser encargado tamén a Atalanta) procédese ao seu torneado e a outra a creación da importante e prestixiosa liña de lámpadas onde o traballo é propio desde a fase inicial de busca da madeira ata os acabados finais. Ambas liñas de produción teñen un denominador común: o emprego das técnicas tradicionais de tornaría e do bo facer adquirido a través da experiencia e a fidelidade á tradición artesá da familia, independentemente do grado de innovación dos deseños, modelos ou da adaptación ás modas.

Pezas rematadas Pódese agrupar todas as liñas de pezas, por unha banda, en lámpadas, de todo tipo, con estilos moderno e clásico e por outra en pezas de complemento decorativo como liña auxiliar.

A madeira coa que se traballa habitualmente é o castiñeiro, faia e freixo, aínda que dado que a produción é na súa gran parte por encarga pódese traballar con calquera outra que o cliente, sexa individual ou tenda, demanden para o seu pedido. Os clientes son basicamente tendas de decoración da comunidade galega e algunha de fóra, pero tamén se traballa con grandes proxectos onde dótase un local como pode ser un hotel de toda a liña de lámpadas ou outros complementos na súa totalidade.

Artesanía única

Lámpadas Atalanta presenta no mercado de lámpadas unha exquisita gama de pezas modernas cuxa elaboración conta coa vantaxe duns acabados agarimosos e perfectos e coa mestura dos deseños modernos e o torneado como técnica tradicional. Isto confírelle una calidade en forma e métodos digna das mellores pezas da artesanía do noso pais.

 

Os estilos empregados á hora de deseñar os produtos son moi variados, así, presentan a gama de torneado salomónico, salomónico calado, estriadas, gregas, cúbicas e lisas. Tamén contan coa liña de lámpadas ornamentadas con aceiro ou con vidro a través da técnica fusing.

Outra vantaxe coa que conta Atalanta é a posibilidade da elaboración das lámpadas e outras pezas auxiliares adaptándoas aos requirimentos dos clientes no que se refire á confección das pezas a xogo co resto do mobiliario que posúan, en canto ao tipo de madeira, ás cores e aos acabados, ben sexan clientes particulares, ben tendas de decoración. Isto conforma un valor engadido para o cliente que cada día máis se preocupa pola harmonía dos deseños e cun traballo ben feito.

A liña moderna de lámpadas está tendo unha saída comercial ben merecida e estalle proporcionando a Atalanta un signo distintivo moi importante, a modo de exemplo, temos a importante liña Cubic, que destaca pola elegancia e distinción do deseño sen descoidar a creación puramente artesá e o coidado co que se materializa.

Ana e Isabel Neira son a sétima xeración de artesáns da saga familiar de torneiros o que amosa a longa traxectoria profesional deste obradoiro que na actualidade encabezan as dúas irmás. O seu avó foi o primeiro artesán da familia en dedicarse exclusivamente á tornaría e o único tamén que traballou cos tres tipos de torno que se foron sucedendo. Logo foi o seu pai que se especializou no torneado aplicado á carpintaría facendo patas para camas e mesas, balaústres, columnas,...

As actuais artesás foron iniciándose pouco a pouco na labor, colaborando de vez en cando, de xeito afeccionado e no seu tempo libre "Viñamos para o taller nos veráns e nas fins de semana, axudabámoslle ao noso pai a deseñar e aportabámoslle ideas tamén, pero non nos chegaba, tamén queriamos tornear" "comenta Isabel-. Foi así como elas, xa no obradoiro déronlle un xiro á produción, sempre sen abandonar as técnicas tradicionais e familiares, así empezaron de xeito autodidacta e por medio da aprendizaxe que lle proporcionou a profesión familiar, e comezaron coas diferentes liñas de lámpadas torneadas, xunto co seu pai ao cargo do torno, que é o que identifica hoxe a Atalanta como produtora de lámpadas artesás de exclusivo deseño e calidade.

Na actualidade son elas as titulares do obradoiro e as que están a cargo do negocio, ámbolas dúas coa carta de artesá, repártense o traballo de tal maneira que Ana se ocupa en gran parte do deseño e Isabel do torneado aínda que as dúas desenvolven as dúas tarefas indistintamente.

 

Coñece máis

Coñece máis Antigamente e ata fai pouco menos de dúas xeracións, a tornaría era unha actividade que se desenvolvía como complemento doutros oficios como a agricultura e o gando ou as labores do fogar. Adoitábase coller o torno nas épocas que non eran de colleita ou cando o tempo impedía os traballos no campo. Non se concibía como oficio exclusivo tal e como se entende hoxe en día unha profesión.

 

As antigas xeracións da familia Neira empezaron, como tantos outros artesáns, torneando hasta de touro para facer vasos, peites, ... e despois, xa con madeira, forcadas, culleres, pratos e todos os aparellos cotiás, sobre todo nas épocas libres de colleitas. Case todas as pezas eran para uso cotiá e propio e só no caso de teren excedentes, dedicábanos á venda.

Ao principio, por aló polos comezos deste século traballábase cun torno parecido ao dos oleiros, cunha vara e un pedal, logo cun torno hidráulico.

No caso da familia Neira, xuntáronse varios veciños e montaron un obradoiro ao carón dun regato e que funcionaba como un muíño. De aí, pasouse ao torno actual, sendo o avó das artesás o único da saga familiar que empregou os tres tipos de métodos e tamén o único que exerceu a profesión con dedicación exclusiva.

  • Lámpara salón torneada

    Lámpara salón torneada

  • Kenia sobremesa

    Kenia sobremesa

  • Fuelle sobremesa

    Fuelle sobremesa

  • Arabia sobremesa

    Arabia sobremesa

  • Salomónico calado

    Salomónico calado

  • Kyoto

    Kyoto

  • Cubic Salón Vermella

    Cubic Salón Vermella

  • Cubic Sobremesa Laranxa

    Cubic Sobremesa Laranxa

  • Mesa Nido

    Mesa Nido

  • Percheiro pé torneado

    Percheiro pé torneado

  • Aplique Arabia

    Aplique Arabia

  • Palanganeiro torneado

    Palanganeiro torneado

  • Pratos

    Pratos

    Pratos en madeira de bidueiro

  • Cascanoces

    Cascanoces

    Cascanoces en madeira de freixo

Enderezo

Lg. Mouteira Nº 10. Berres

36688 A Estrada

Pontevedra

  • Teléfono: 986 588 688
  • Fax: 986 588 688
  • Email: atalanta@atalantamadera.com