Casperle Muñecas de Lana S.L.

Dende o ano 2003, o obradoiro Casperle Muñecos de lana, S.L. situado na localidade de Irixoa, enfoca a súa actividade arredor de dúas disciplinas que se complementan harmonicamente: a artesanía e mais a pedagoxía. Dedícase fundamentalmente á fabricación artesanal de bonecos con materiais naturais como a la e o algodón. Entre os seus produtos atópanse, ademais dos propios bonecos, outros obxectos decorativos e funcionais como almofadas, coxíns, alfombras e outros obxectos diversos.

Ademais dos bonecos, Casperle tamén elabora "contos teatriño", é dicir un conxunto de pequenas figuras de feltro que o neno pode manipular mentres desenvolve a súa imaxinación. Un dos obxectivos deste obradoiro é aplicar os principios da pedagoxía na actividade artesanal, de xeito que elabora bonecos e xoguetes que estimulan a imaxinación e a aprendizaxe, bonecos sinxelos cos que o neno se poida identificar.

O tamaño dos bonecos varía en función da idade do neno. Ademais, existe unha liña de produtos feitos por encarga a modo de pezas únicas para clientes especiais. No tocante á comercialización, os bonecos de Casperle véndense en tendas especializadas por todo o Estado, grazas aos contactos e aos axentes comerciais especializados cos que conta o obradoiro.

Artesanía única

Todos os produtos que se crean neste obradoiro están elaborados con materiais naturais apropiados e manipulables polos nenos como a la e o algodón, que son tecidos moi suaves e non producen alerxias. En canto ao deseño, trátase de bonecos con formas sinxelas, que facilitan o desenvolvemento da imaxinación infantil, e que lembran os bonecos de sempre. Empréganse cores moi suaves e debuxos pintados á man que lle confiren ao boneco un aspecto de benestar e positivismo.

Casperle trata de fuxir das formas estereotipadas dos xoguetes que abundan hoxe en día e que limitan a imaxinación do neno. "Facemos bonecos asépticos cos que os nenos se sintan identificados ou cando menos que sexan eles mesmos os que lle confiran unha personalidade ao boneco e mesmo que as funcións que vaia desenvolver o xoguete sexan inventadas e propiciadas por si mesmos, que non todo lles veña feito", explican dende o obradoiro.

Mª Luisa Mosquera Sastre comeza a actividade artesá no ano 2003, despois dunha traxectoria profesional relacionada coa pintura, coa danza e coa arte dramática. Ao descubrir a existencia dunha corrente pedagóxica denominada Waldorf, na que se formou durante catro anos, sentiu a necesidade de dirixir as súas aptitudes artísticas co obxectivo de facer unha contribución social a través do seu traballo. Así foi como comezou a traballar coa artesanía centrada no mundo infantil e crear bonecos e xoguetes que lle achegasen aos nenos un beneficio engadido.

María Luisa tamén se dedica á terapia a través da arte, que consiste en realizar obradoiros para nenos cuxo obxectivo é exteriorizar os sentimentos a través do debuxo e reconducir a actitude dos participantes cara a unha visión máis positiva e optimista da vida.

Coñece máis

A importancia que se lle dá á forma de educar e de estimular os nenos, a preocupación pola ecoloxía ou a relevancia do aspecto lúdico da infancia están a provocar un xiro na concepción do xogo en todas as súas vertentes, tanto nos materiais que se empregan coma na súa funcionalidade. Así, estase estendendo a fabricación de xoguetes, de bonecos e de xogos a partir de materiais ecolóxicos e a través de procesos produtivos que respectan en todas as súas fases o medio ambiente: madeiras recicladas e preferentemente autóctonas ecoloxicamente tratadas, tecidos naturais e moi saudables como a la ou o algodón, mentres que se evita o uso de fibras sintéticas ou nocivas, indutores de alerxias ou materiais que non sexan produtos derivados de ningunha fonte enerxética non renovable.

Hoxe en día hai unha maior preocupación polo tipo de xogo dos nenos de xeito que se permita o seu desenvolvemento intelectual, motriz e emocional. Os xoguetes complexos e sofisticados limitan a exteriorización do neno que pasa a ser un simple espectador do xogo no que o boneco é o protagonista. Fronte a isto, Casperle trata de conxugar a filosofía educativa coa lúdica e ofrecer unha alternativa máis saudable ao xogo e á educación dos nenos.

  • Bonecos 1

    Bonecos 1

    Bonecos 1

  • Bonecos 2

    Bonecos 2

    Bonecos 2

  • Bonecos 3

    Bonecos 3

    Bonecos 3

  • Bonecos 4

    Bonecos 4

    Bonecos 4

  • Bonecos 5

    Bonecos 5

    Bonecos 5

  • Bonecos 6

    Bonecos 6

    Bonecos 6

  • Bonecos 7

    Bonecos 7

    Bonecos 7

  • Bonecos 8

    Bonecos 8

    Bonecos 8

  • Bonecos 9

    Bonecos 9

    Bonecos 9

  • Bonecos 10

    Bonecos 10

    Bonecos 10

  • Bonecos 11

    Bonecos 11

    Bonecos 11

  • Bonecos 12

    Bonecos 12

    Bonecos 12

  • Bonecos 13

    Bonecos 13

    Bonecos 13

  • Bonecos 14

    Bonecos 14

    Bonecos 14

  • Bonecos 15

    Bonecos 15

    Bonecos 15

  • Boncos 16

    Boncos 16

Enderezo

Lg. A Oleira, Nº 5. Coruxou

15303 Irixoa

A Coruña

  • Teléfono: 981 793 201
  • Email: info@casperle.org