Celsa Barja Rodríguez

Artesanía en calceta e gancho

Agullas de calcetar ou de gancho son os instrumentos cos que adoita a traballar a artesá. Puntos xa inventados, legado da tradición, cos que xoga a crear prendas de vestir, complementos, bixutaría ou obxectos de decoración. Cada prenda ou cada peza é unica, feita con agarimo e dedicación. La virxe, algodón, seda, liño... materiais nobres que con creatividade se transforman nunha artesanía con pautas tradicionais en perfecta harmonía coa época de hoxe. Un traballo que se achega á xente a través de internet ou ben en feiras e mostras artesáns. Baixo o nome de "Madeixas", atopamos cousas típicas desta actividade (conxuntos de bebés, xerseis, tapetes, puntillas...), ata sofisticadas pamelas, parasois únicos ou miniaturas en gancho... Todo vai deseñado a través de dedos pacientes que achegan este tipo de actividade a un colectivo cada vez máis novo, aliciente máis que suficiente para que a artesá busque persoalmente a máxima perfección.

Artesanía que innova

"Sentir que algo que xorde a túa cabeza cobra forma entre as túas mans con tan só unhas madeixas e unhas agullas é tremendamente estimulante. Ver a expresión da xente ante as túas cousas en calquera exposición, é o meirante premio. Creo que aquí está o segredo, en facer co de sempre cousas novas, en achegar o que se asocia con vellos tempos á xente nova para que non se perda", explica Celsa Barja Rodríguez.

E engade que a artesanía é ademais unha actividade relaxante, que nalgúns países ata se utiliza en terapias. "Eu non chego a tanto, pero vou traballando con palilleiras e colaborando cos novos diseñadores, que xa non é pouco…"

Celsa Barja Rodríguez nace nunha aldea pequena, no Pereiro, entre Zamora e Portugal e criouse por súa avoa, unha vez que seus pais marcharon traballar a Alemaña. "Debín de aprender a calcetar e a ganchillar dunha forma totalmente natural, xogando, só recordo que era moi pequena e xa facía vestidos para as bonecas", lembra a artesá.

O seu traballo caracterízase pola súa creatividade, pola fusión do tradicional co moderno e por unha elaboración de cada obra de xeito personalizado. Nas súas creacións destacan os contrastes, as mesturas de materiais puros, os deseños dinámicos e optimistas. Toda a súa fantasía toma forma entre puntos que á volta de deseños se tornan en algo diferente. "Quen me ía dicir a min cando estudaba psicoloxía que os meus camiños me levarían a este mundo cheo de posibilidades, onde á miña maneira, con voltas do dereito e voltas do revés, había atopar unha forma magnífica non só de expresarme, senón de sentirme realizada", explica.

"Cando collo unha agulla volvo ser a nena que xoga, que inventa e transforma a realidade en mil contos que se escriben con la".

  • Roupa para bebés e nenos

    Roupa para bebés e nenos

    Tecido e bordado á man.

  • Patucos

    Patucos

    Feitos á calceta e ao gancho en la especial para bebés.

  • Xerseis

    Xerseis

    En diferentes estilos e con variados deseños, feitos en la 100% merino

  • Chaquetas

    Chaquetas

    Tecidas á man, en la, en algodón ou con ambas materias, como é o caso da que aparece na foto.

  • Lubas

    Lubas

    Tecidos á man, en la 100% merino, sen costuras.

  • Chaqueta bebé

    Chaqueta bebé

    Feita á calceta, con remates e adornos de gancho. Dispoñibilidade de cores e de tallas.

  • Mini-capa de verán

    Mini-capa de verán

    Calceta e gancho xuntos nunha prenda de verán, tecida con sedalina e mais algodón.

  • Parasois

    Parasois

    Tecidos ao gancho, en seda ou en algodón fino, en varias dimensións e cores.

  • Cesta para bombóns

    Cesta para bombóns

    Realizada en seda e decorada de xeito exclusivo.

  • Puntillas para sabas

    Puntillas para sabas

    Feitas con fío de encaixe, ao gancho, tamén en forma de pequenas aplicacións. O bordado é opcional.

  • Chales con gancho de forquita

    Chales con gancho de forquita

    Exclusivos, feitos con mohair e la merino.

  • Puntillas tradicionais

    Puntillas tradicionais

    Feitas como antigamente, do ancho que se queira. O bordado é opcional.

  • Puntillas sinxelas

    Puntillas sinxelas

    Feitas ao gancho, para toallas e pezas semellantes, nas que o bordado é opcional.

  • Prendas modernas

    Prendas modernas

    Orixinais "tops" en gancho, con deseños favorecedores e traballados en algodón.

  • Chaquetas

    Chaquetas

    Feitas ao gancho en algodón, con motivos clásicos e de corte moderno.

  • Abanos

    Abanos

    Traballados en fío de encaixe con gancho.

  • Bixutería

    Bixutería

    Complementos coquetos feitos ao gancho en algodón degradado.

  • Portafotos

    Portafotos

    Usando un pouco de gancho e un pouco de bordado pódense facer cousas así.

  • Zapatiños para bautizos

    Zapatiños para bautizos

    Feitos só con fío, bordados a partir dun patrón de gancho.

  • Ampliar Seirón para caramelos Seirón para caramelos

    Ampliar Seirón para caramelos Seirón para caramelos

    Gancho máis bordado xúntanse para formar calquera figura imaxinada.

Enderezo

Avda. Universidade, Nº 17 Bis, 3º Dereita

32005 Ourense

Ourense

  • Teléfono: 627 716 723
  • Email: madeixasartesania@hotmail.es