CG Taller de cristal reciclado

CG Taller de cristal reciclado é un obradoiro creado fai cinco anos aquí en Galicia como resultado da continuación e materialización no noso pais dun obradoiro que xa funcionaba en Argentina desde fai quince anos. Dedícase ao deseño e fabricación de todo tipo de pezas de vidro usando tamén o metal, así, vidreiras artísticas, espellos, centros, lámpadas, bandexas, animaliños (moi comúns os insectos), bixutería e calquera obxecto decorativo e funcional que nos poidamos imaxinar que se faga en vidro. "Todo o que poida levar cristal nós o facemos" -comenta Gustavo-; pero a maior parte da súa obra dedícana á peza funcional, que o deseño e o traballo se poida utilizar para algo; un exemplo moi claro é que con anaquiños de vidro de desfeito e un chisquiño de metal fan un insecto divino que a parte da beleza estética que aporta servirá tamén para soporte de barras aromáticas, ou calcapapeis , ou aquilo no que queiran eles que teña unha utilidade. As técnicas empregadas son practicamente todas as existentes, produto da cualificación polifacética e multidisciplinaria dos artesáns incluso os produtos levan unha exquisita mestura de todas elas, Tífany ou estañado con cobre, fussing con cristais de desfeito no forno coloreados con óxidos e esmaltes, vidro soprado onde por medio de sopretes especiais sópranse e modelan tubos de vidro, a moitos obxectos agréganselle chapa de cobre e arame de alpaca, achumbado para as vidreiras "usamos esta técnica á antiga usanza, incluso nos espellos, como os antigos" "comenta Cristina-, aínda que ocasionalmente tamén usan o estañado con cobre.

Os insectos Basicamente case todas as pezas están elaboradas con vidros reciclados usando moitas cores feitas polos propios artesáns e tratando na medida do posible de traballar en tres dimensións.

"Que o vidro adquira volume", pero tamén, cando o cliente o demanda, co tipo de vidro que el elixa importado ou autóctono, posto que este obradoiro a parte de ter a súa propia produción, coleccións e estilo depositando as súas obras en tendas estendidas por toda Galicia e en feiras, tamén traballa por encarga o que nese caso fai que a produción sexa personalizada e ao gusto do cliente.

Artesanía única

Peza O obradoiro de Cristina e Gustavo ten unha característica distintiva que é a que o fai tan especial, traballar con vidro reciclado. Son dúas persoas fortemente implicadas desde sempre co respecto ao medio ambiente, de aí a súa inclinación por usar este tipo de vidro. Restos de ventás ou vellas que se sacan e que se van recoller ás cristalerías, cristais sobrantes, anacos de vidro que xa non ten máis fin, botellas vellas que acaban moitas veces perdidas fóra do ciclo da reciclaxe, en xeral esta é a súa materia prima.Poderían elixir outro tipo de materia para plasmar a súa creatividade, de feito usan outros materiais se así se lles solicita, pero que mellor que un material que perdeu o seu valor e que a través das mans destes artesáns volve á vida dun xeito tan natural.

 

É impresionante e enriquecedor ver como, dun anaco de cristal de desfeito, a través dunha completa fusión de inspiración, deseño e destreza, mesturado coa combinación de cores que coidadosamente crean e engaden ao mesmo, sae unha marabillosa obra de artesanía co aroma da ecoloxía que poñer nas nosas casas tanto para decorar como para usar a diario.

Outra vantaxe que podemos atopar neste obradoiro é que deseñan e elaboran calquera cousa, ben no seu catálogo de produtos que fan baixo o seu deseño propio, ben porque sexa unha encarga, a multitude de técnicas que empregan, materiais, cores, formas, funcións de cada obxecto, fai que sexa o que queiramos dispoñer que leve cristal, así o podemos atopar neste completísimo obradoiro.

Cristina Pino e Gustavo Suasnábar son os artesáns a bordo deste orixinal obradoiro. Desde moi novos sentiron unha grande atracción pola arte e a artesanía en xeral. Estudaron ámbolos dous en Argentina, a súa terra natal, na Facultade de Bellas Artes de la Plata, especializándose en Artes Plástica e Deseño. Despois de aprender o oficio envorcáronse no vidro, perfeccionando a súa formación na Escuela de Vidrio de Berazategui (que ten convenio con La Granja de Segovia) na que afondaron coñecementos nas diferentes disciplinas da Cristalería. Tamén foron alumnos do prestixioso mestre soprador de vidro D. José Sorives Moreno, en Valencia, co cal perfeccionaron a técnica do vidro soprado e modelado.En Argentina empezaron a traballar co vidro fai quince anos, montando o seu propio obradoiro no que ao principio non lle dedicaban o cen por cen do seu tempo como artesáns, senón que tamén investían unha gran parte da vida laboral impartindo clases, cursos de todo aquilo que saben facer e dos que teñen notables méritos académicos, feito que axudaba a sustentar o obradoiro, "a min gústame moito a docencia, dediqueime a iso en Argentina, e estou pensando volver a facelo aquí"-confesa Cristina con moita ilusión.

Aquí en Galicia o obradoiro nace fai cinco anos, empezando de forma sinxela polos difíciles comezos que ten o oficio e tendo que aprender de novo moitas cousas que aquí son diferentes, como as cores, en España as tinturas están preparadas doutra forma, existen moitas tonalidades, pero estaban acostumados a crear as súas mesturas, agora cos diferentes materiais tivéronse que afacer a tratalos doutra maneira.

Ámbolos dous posúen a Carta de artesán e son membros da Asociación Galega de Artesáns, participando en moitas feiras de artesanía de Galicia: Mostrart, Ofeitoamán, Primavera,..., do resto de España: Feira Sa Tador en Ibiza, Mostra de Artesanía en Altea, e feiras de Vitoria, San Sebastián, e tamén en feiras internacionais como a de Rennes en Francia e a de Milán e L"artigliano. Entre os seus numerosos méritos destaca o Primeiro Premo de Pieza única na Feira Primavera en Guadalajara.

Coñece máis

Cando se coñece a traxectoria profesional de Cristina e Gustavo desde que estaban en Argentina en medio de tantos e tantos anos dedicándose ao vidro, un pode quedar perplexo non só polo feito de atribuírlle un valor á súa produción pola orixinalidade, beleza e respecto ao medio ambiente, senón que aínda existen moitas cousas que sorprenden da súa completa formación e profesionalidade polifacética, e é que eles mesmos construían os fornos, nos que metían as pezas para fundir e dar cor tanto para eles como para os seus alumnos; e aínda se pode un seguir sorprendendo: as cores tamén as facían eles mesmos, non existía nese momento a cantidade de cores que hoxe e no noso pais existe, aínda que sempre é necesario facer as propias mesturas para obter as cores desexadas, no caso de Cristina e Gustavo era aínda máis difícil, con moi poucas variantes, construían a súa gama completa.É como se a artesanía estivese presente en todo o proceso produtivo, pois a fabricación do propio material de traballo era artesanal, nace e remata cos artesáns, desde a construción dos medios de produción ata a venda final.

 

Por outro lado temos neste obradoiro a conxunción de dous artesáns que forman un equipo totalmente integrado, o matrimonio leva moitos anos unido á artesanía, vivindo do seu arte, por e para el, desde os máis novos comezos ata agora.

Traballando xuntos chegaron a un punto de complementariedade perfecto, os estilos de ambos son os mesmos, cada traballo é minuciosamente debatido e posto en común entre os dous, apórtanse mutuamente unha fonte de ideas, inspiración e harmonía que se reflexa nos produtos que saen deste centro de artesanía.

  • Cervo

    Cervo

  • Insecto 1

    Insecto 1

  • Insecto 2

    Insecto 2

  • Insecto 3

    Insecto 3

  • Lámpada

    Lámpada

  • Lámpada e pratos

    Lámpada e pratos

  • Espello

    Espello

  • Pratos e bandexas

    Pratos e bandexas

  • Pez

    Pez

  • Man

    Man

  • Colgante

    Colgante

  • Bixutería azul

    Bixutería azul

  • Bixutería roxa

    Bixutería roxa

  • Colar

    Colar

  • Pez

    Pez

Enderezo

Rúa Cortellas, Nº15. Lavadores


36214 Vigo

Pontevedra

  • Teléfono: 667 351 932 / 627 158 911
  • Email: crispinovitro@artesaniaencristal.com