Ebanistería A Roda

Ebanistería A Roda

Ebanistería A Roda é un taller situado na vila ourensá de Celanova, dedicado á restauración e á elaboración de mobles feitos de maneira artesanal, así coma á fabricación tamén de "artiluxios exebres" tales coma cubas-bar, cubas-adega, rehabilitación e fabricación de canastros (hórreos). Como non podía ser doutra maneira, tamén se dedica á creación da típica "roda de afiar ourensá", de onde o artesán tomou nome e símbolo para o seu obradoiro, por ser unha peza na que conflúen tradición, artesanía, funcionalidade e beleza galega.

Un pouco máis

Unha maneira artesanal e tradicional de elaborar as súas pezas, só se pode acompañar cuns materiais tradicionais e autóctonos entre os que destaca o castiñeiro, por ser unha madeira nobre moi arraigada na elaboración dos mobles tradicionais galegos, e da que dispomos no noso país, aínda que sen desbotar outras madeiras nosas coma a nogueira ou o carballo, así coma outras foráneas coma a faia ou a teka que se poidan precisar en determinados traballos.

 

Traballos todos eles que se fan por encargo, posto que son traballos, en case todos os casos, adecuados ás necesidades e ás peticións de cada cliente.

Elías Santalices Díaz

Ebanistería A Roda naceu pola necesidade que o atesán sentía de traballar dunha forma, na que por aqueles tempos, non atopaba nos talleres da súa zona, dedicados máis ben á carpintería industrial. Decide poñer o seu obradoiro logo de estudar catro anos a modalidade de ebanistería artística na escola de artes "Antonio Faílde", situada na cidade de Ourense.

 

No seu obradoiro leva a cabo unha maneira artesanal e, un tanto autodidacta, de darlle forma aos encargos que lle chegan, sempre respectando as ideas que os clientes lle transmiten; xa que logo esa é unha das virtudes que lle outorgan: plasmar dun xeito moi eficaz a idea que eles levan, aínda que é cando pode darlle renda solta á imaxinación e facer pezas que lle saen de dentro cando realmente se sinte cómodo.

Estase a dar un pouco a coñecer a través da feira de mostras "Raigame" que se celebra cada dezasete de maio na vila medieval de Vilanova dos Infantes, e á cal leva cinco anos asistindo, xa que é unha feira con moita promoción artesanal.

  • Cuba adega

    Cuba adega

  • Interior cuba adega

    Interior cuba adega

  • Cuba bar

    Cuba bar

  • Interior cuba merendeiro

    Interior cuba merendeiro

  • Roda acabado antigo 01

    Roda acabado antigo 01

  • Roda acabado rustico 02

    Roda acabado rustico 02

  • Detalle roda acabado rustico

    Detalle roda acabado rustico

  • Roda acabado rústico

    Roda acabado rústico

    na fabricación das rodas coidamos atao ultimo detalle como se pode apreciar na pechadura que tamen é antiga

  • Banco con caixón

    Banco con caixón

    Banquiño auxiliar cun caixón baixo o asento

  • Moble de baño

    Moble de baño

    Moble de baño en madeira de castiñeiro

  • Moble de baño en curva

    Moble de baño en curva

    Moble de baño con forma curva, realizado en madeira de castiñeiro.

  • Banco tapizado

    Banco tapizado

    Banco con asento tapizado e patas talladas.

  • Ampliar Detalle de caixón organizador Detalle de caixón organizador

    Ampliar Detalle de caixón organizador Detalle de caixón organizador

    Caixón con fronte abatible organizador para papeis, documentos, etc.

  • Andas para Santo ou Virxe

    Andas para Santo ou Virxe

    Andas para sacar en procesión a unha virxe ou a un santo.

  • Moble para cubrir radiador

    Moble para cubrir radiador

    Moble para cubrir radiador con remate de marquetería enrrasada.

  • Roda acabado rustico

    Roda acabado rustico

  • miniatura roda de afiar

    miniatura roda de afiar

    miniatura roda deafiar acabado antigo

  • miniatura roda de afiar

    miniatura roda de afiar

    miniatura roda de afiar acabaro rustico

  • roda fragmentada

    roda fragmentada

    roda fragmentada antes de ser montada,podense apreciar as caixas e espigos en todas as partes que a forman

  • roda ensamblada

    roda ensamblada

    roda ensanblada lista para poñerlle a ferra a fuego

  • fabricacón centro paso 1

    fabricacón centro paso 1

    para a fabricación do centro da roda partese do marcado dunha circunferencia nun taco de madeira con unhas dimensiós superiores

  • fabricación centro paso 2

    fabricación centro paso 2

    torneado da peza

  • fabricación centro paso 3

    fabricación centro paso 3

    marcarción perimetral para a posteior perforación das caixasdonde se suxeitrán os radios

  • fabricción cenro paso 4

    fabricción cenro paso 4

    fabricación das caixas par os espigos dos radios

  • fabricación centro pao 5

    fabricación centro pao 5

    perforación cuadrada de 1.6 por 1.6 mmo ancho dos 15 cm d centro por donde psará o eixe que impulsara o movemeto de toda a roda

Enderezo

Carballeira de Mourillós s/n

32800 Celanova

Ourense

  • Teléfono: 615 556 413
  • Fax: 988431308
  • Email: ebanisteria.roda@hotmail.com