Francisco Pazos

Creador multidisciplinar ou indisciplinado. Os materiais e as técnicas tradicionais adquiren un importante protagonismo que, ao ser mesturadas cunha indispensable creatividade, fan xurdir traballos de difícil catalogación.

Artesanía única

Peza As obras de Francisco Pazos gozan dun carácter artesanal e doutro totalmente artístico. Deseña pezas únicas que van dende a escultura artística, mobles de madeira que parecen de xoguete ata as pezas máis funcionais elaboradas por encargo. Todas as súas pezas son perfectamente recoñecibles. Con todo, hai un elemento común a moitas delas que actúa case coma unha marca de identidade. Trátase dunhas cordas de cobre que parecen unir diferentes anacos da mesma peza pero que non é máis ca un efecto óptico. Un simple adorno que nos leva a pensar que a peza se pode chegar a desfacer se separamos os anacos.

 

Francisco Pazos emprega continuamente este adorno: en esculturas de pedra, que parecen estar atadas co cobre, en pasamáns de madeira en lámpadas ou en farois de ferro, nos que se reforza o efecto que xa lle dá a propia forma da peza: que adoita parecer feita con anacos de distintos materiais, de formas diversas que son independentes e que o único que os une é a corda de cobre.

O mesmo ocorre coas grampas de cobre que coloca en esculturas, en cadeiras de madeira, en menhires de pedra e mesmo en macetas de pedra. Existe unha escolla consciente do artesán/artista que decide amosar os anacos que conforman a peza en cuestión, de que se aprecie a diferenza dos materiais, das cores e das texturas, coma se se tratase dun crebacabezas que se expón completo.

Este é o caso das coleccións de cadros que está a pintar con cachos de diferentes madeiras, de diferentes texturas, cores ou tonalidades, postos un a carón do outro no marco do cadro coma se fosen caer del. A partir destes cadros tamén está a elaborar mobles cos que fan xogo e nos que tamén se simula que se trata de diferentes anacos que se poden extraer.

Francisco Pazos considérase artista e artesán en función do tipo de pezas que estea a elaborar pero recoñece que as dúas facetas están moi relacionadas. O seu traballo como artista tamén ten unha base na artesanía aínda que fai un tipo de traballo máis conceptual que non require tanto coñecemento dos materiais coma o traballo artesán.

Comeza na artesanía a través da madeira, grazas a que seu pai é carpinteiro e lle ensina a traballar a madeira, aínda que despois se forma na Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, na que aprende cantería, escultura, historia da arte, debuxo, etc.

A peza máis antiga que conserva é unha escultura en madeira do ano 1976, que foi a primeira que fixo. "Neses primeiros tempos a miña evolución era moi lenta porque non tiña quen me aprendera, pero cando comecei na Escola xa fun moito máis rápido porque coñecía as técnicas e tamén o xeito de aplicalas para cada cousa", comenta.

A idea de mesturar a pedra e a madeira aparece tamén neste momento, xa que na casa aprende a traballar a madeira e na escola a pedra. "A partir de aí atopei o meu propio camiño, a miña identidade " comenta Francisco Pazos " E comecei a probar outras combinacións que se me ían ocorrendo".

"A miña evolución non é lineal, non se pode falar de que traballe certos materiais en certas etapas senón que continuamente estou volvendo atrás para coller materiais cos que traballaba antes. Ademais, a miña escultura é máis emocional ca cerebral. Fago o que me apetece no momento e non forzo a evolución. As pezas van saíndo soas e a evolución vaise producindo case sen me dar de conta".

Coñece máis

"O material ten un papel moi importante na miña obra", explica Francisco Pazos. En todos os seus traballos prefire a experimentación mesturando materiais totalmente diferentes e mesmo atrevéndose a facer pezas con materiais pouco habituais na arte coma o formigón ou o ladrillo. "As esculturas realizadas en ladrillo quizais son un pouco atrevidas porque a xente non espera que este material se empregue para facer arte. Son pezas que lle sorprenden moito á xente aínda que despois acaban mercando pezas mais convencionais " explica " Hai moitos prexuízos aínda para considerar artística unha peza elaborada con ladrillo".

 

No seu traballo emprega madeira, pedra, cobre, bronce, aceiro corten, aceiro inoxidable, aluminio, formigón, ladrillo, ferro fundido, etc., e elabora pezas dun único material ou de varios totalmente diferentes, combinacións que consegue grazas ao seu esforzo de experimentación e cambio constante. "Cambiar os materiais cos que traballo é moitas veces como un descanso", comenta Francisco Pazos.

Estas peculiares pezas nas que combina materiais tan dispares coma o formigón e a madeira poden reflectir metaforicamente o seu xeito de traballar, posto que representan a unión da tradición con elementos modernos para conseguir pezas artísticas, únicas e elaboradas a través de métodos artesanais.

A combinación de texturas dun mesmo material tamén ten moita importancia na súa obra. Emprega diferentes madeiras para crear unha peza, oxida unha parte da escultura e a outra non, ou mesmo queima unha parte da pedra mentres que deixa a outra intacta. Todo isto para conseguir un efecto moi recorrente na súa obra: amosar que as obras non se fan dunha soa peza senón que son un conxunto de anacos de materiais, cores e texturas diferentes: "Durante moito tempo traballei con cabezas de guerreiro porque se prestaban moito a traballar coas texturas " que era o que a min me interesaba " porque lles pulía a parte de enriba mentres que á de baixo non lle tocaba. Dábame un xogo de texturas que me parece algo moi importante nos materiais", explica Pazos.

  • Moble I

    Moble I

    Granito e madeira. 100x121x52

  • Cómoda

    Cómoda

    Madeira de ameneiro. 200x121x52

  • Moble II

    Moble II

    Madeira de ameneiro. 190x115x48

  • Cadeira I

    Cadeira I

    Madeira. 107x53x60

  • Cadeira II

    Cadeira II

    Carballo e cobre. 78x74x70

  • Randeeira

    Randeeira

    Madeira e cobre. 110x84x61

  • Madeira e cobre. 74x62x62

    Madeira e cobre. 74x62x62

    Cadeira III

  • Aluminio e ferro fundido.

    Aluminio e ferro fundido.

    Banco

  • Banco

    Banco

    Aluminio e madeira.

  • Cheminea de salón

    Cheminea de salón

    Granito e madeira. 105x200x75.

  • Fonte

    Fonte

  • Cruceiro

    Cruceiro

  • Mesa de salón I

    Mesa de salón I

  • Mesa de salón II

    Mesa de salón II

  • Mesa de estudo.

    Mesa de estudo.

  • CAIXOEIRA CON PROTESE

    CAIXOEIRA CON PROTESE

    MADEIRA DE CIPRÉS 121X52X36

  • caixoeira III

    caixoeira III

    MADEIRA DE CIPRÉS E ALUMINIO. 149X38X36

  • MADEIRA DE CIPRÉS 102X62X34

    MADEIRA DE CIPRÉS 102X62X34

    HEXAGONAL A CORES

  • CAIXOEIRA ESBARRIGADA

    CAIXOEIRA ESBARRIGADA

    ALUMINIO E MADEIRA DE CIPRES

  • TRES BANQUETAS-MESIÑAS

    TRES BANQUETAS-MESIÑAS

    MADEIRA 52X51X40 UNIDADE

  • ENLISTADO

    ENLISTADO

    136X62X34

  • CADEIRAS.

    CADEIRAS.

    MAQUETAS

  • ESCORADO

    ESCORADO

    125X90X35 - ACEIRO CORTEN E MADEIRA.

Enderezo

Vista alegre, 7 b. 
Covas

36968 Meaño

Pontevedra

  • Teléfono: 986 747 153
  • Email: fpazosm@hotmail.com