José Calviño Doval

Na comarca do Deza, máis concretamente no concello de Rodeiro, atopamos o taller artesanal de cantería de Xosé Calviño Doval. Este escultor leva desenvolvendo a súa actividade dende hai uns 18 anos, coñecido como o Canteiro Calviño ou Estevo.

Os materiais cos que traballa son granito autóctono, aínda que ás veces tamén pode empregar madeira.

É un obradoiro dedicado á escultura ornamental, cantería funcional e decorativa e tamén rehabilitación e restauración de vivendas, muros de mampostería, etc.

A principal demanda dos traballos deste obradoiro son panteóns, remates, cruceiros, heráldica, fontes, bancos de pedra, mesas de pedra, barbacoas, columnas, capiteis, pozos e fachadas, e todo tipo de cantería artística.

Proceso artesanal

Panteón O proceso creativo ten diversas fases, en primeiro lugar o artesán escoita o desexos do cliente. O seguinte paso é plasmalo en papel, para que o cliente vexa se así sería como lle gustaría ou se dexexa facer cambios. Unha vez que o cliente dá o visto e prace o artesán ponse mans á obra e comenza o proceso de confección de artesanía única.

Artesanía única

Fonte de auga en foma de cuncha O artesán Xosé Calviño co seu traballo artesanal procura materializar nas súas pezas os desexos daqueles que se achegan a el, coas premisas de calidade no traballo e o feito de que cada peza é única.

 

Xosé Calviño Doval é canteiro dende hai uns 18 anos, a súa vocación comezou de moi novo xa que seu pai foille inculcando o oficio de canteiro dende ben pequeno. Xa no seus anos de escola axudaba a seu pai e foi aprendendo o oficio dende ben novo. De feito ás veces presentaba algún traballo na escola plasmado na pedra.

 

  • O Pote

    O Pote

  • O pipote de viño

    O pipote de viño

  • O Gato

    O Gato

  • A barbacoa

    A barbacoa

  • Escudos

    Escudos

  • Cruceiro

    Cruceiro

  • Panteón

    Panteón

  • Panteón

    Panteón

Enderezo

Lg Vistuide-AZ, nº 4


36530 Rodeiro

Pontevedra

  • Teléfono: 634 415 309
  • Fax: 986 78 72 99
  • Email: josecalvino@yahoo.es