Joyas de Papel

Dende o Val Miñor, Galicia, terra de verdes cumios e amplos mares, lugar de encontro de civilizacións, preséntase a liña de complementos artesanais

Joyas de Papel, que, como esta terra, xunta o encanto do ancestral e o deseño máis actual. Joyas de Papel é unha liña moi especial formada por complementos realizados a partir da ancestral técnica do origami, utilizando dende papeis tintados no noso taller ata papeis tradicionais xaponeses e papiros exipcios.

Pezas que unha vez pregadas se finalizan con engarzamentos en prata de lei e debidamente tratadas con mimo ata obter a máxima resistencia á auga e os golpes. Pezas únicas, artesanais, que conxugan o misterio oriental co deseño máis vangardista. Todo un mundo de imaxinación que a través de dobras, trazos e manchas de cor crea accesorios que reflicten todo un mundo real e fantástico. Deseños que combinan a rudeza da nosa terra e frescura do mar coa morriña das nosas xentes.

É dende o noso taller dende o que se presentan todas as pezas que con cariño imos creando, traballando e combinando o papel, a ilustración e todo aquilo que nos axuda a dar forma aos nosos pensamentos máis contemporáneos e elegantes.

 

Descargar dossier de prensa de Joyas de Papel
Descargar catálogo Joyas de Papel

Joyas de Papel nace da man do artesán Diego Ante, quen comezou a achegarse á arte da papiroflexia fai xa 15 anos, cando no tempo libre que lle deixaban os estudos da súa enxeñaría industrial, pregaba diversas figuras sen parar. Esta afección converteuse en algo máis, cando ao finalizar a carreira universitaria, decidiu dar un salto dende a enxeñaría á xoiaría, miniaturizando diferentes pezas que conforman, a día de hoxe, pequenas xoias.

Co paso dos anos, Joyas de Papel se estable como marca en Nigrán, cidade galega onde viron a luz algunhas das primeiras pezas que se converterían en clásicos e iconas da marca. Nun afán por crecer, únese ao mundo do papel, Begoña Ante, artesá que confire á marca novos conceptos e posibilidades da man da ilustración e a pintura, adquiridas nos seus estudos de Belas Artes.

Ao longo dos anos a firma foi crecendo, investigando no mundo das miniaturas de origami e recibindo influencias de diversos deseñadores nacionais, ata conformar unha marca que pode verse en diversas feiras de deseño independente e artesanía, diferentes puntos de venda de España, así como a súa páxina web www.joyasdepapel.com.

Así mesmo, a parte da actividade propia do taller, Joyas de Papel adoita saír á rúa a coñecer a todos os interesados nas súas pezas, asistindo a feiras de artesanía e feiras de deseño independente, á vez que se organizan diversos cursos e talleres nun afán por estender a arte da papiroflexia, nos que se poden aprender diversas técnicas coas que traballar o papel, así como talleres de pintura ou actividades plásticas para os máis pequenos.

  • Anel rosa

    Anel rosa

  • Broche lagarto

    Broche lagarto

  • Broche bolboreta

    Broche bolboreta

  • Broche Sugus

    Broche Sugus

  • Broche carpa

    Broche carpa

  • Colar bolboreta

    Colar bolboreta

  • Conxunto kimono

    Conxunto kimono

  • Pendentes loro aro

    Pendentes loro aro

  • Pendentes rosa

    Pendentes rosa

Enderezo

Tomás Mirambell 80. Panxón

36340 Nigrán

Pontevedra

  • Teléfono: 668 835 401 / 668 865 401