Laia Zapateiros

Laia Zapateros é un obradoiro da localidade de Melide que dende fai máis de 15 años se dedica á fabricación artesá e reparación de calzado. Botas, zapatos, mocasíns, sandalias,... son o produto da súa experiencia como zapateiro artesán, utilizando os mellores coiros, métodos de curtido vexetal do coiro e materiais naturais cuns acabados de cosido coidadosamente incorporados para garantir unha boa saúde do pe e cunha flexibilidade, resistencia e comodidade que fai que o seu calzado sexa recomendable para o uso máis exixente.

A gama de produtos foi crecendo desde os comezos, inserindo algunhas variantes a cada produto, así dentro da gama de botas nos atopamos con botas comúns, botas de fol, campeiras, de sola, ou os botíns e botinas de pato, zapatos e zapatóns. Tamén se confecciona algunha mochila e maletíns. A cor tamén se foi incorporando entre os seus produtos, así a cor granate, marrón ou negra tamén é parte da variedade, aínda que a cor natural do coiro é a protagonista deste obradoiro.

Laia traballa por encarga, atendendo de xeito personalizado ao cliente, tomando medidas e adaptando a confección ás necesidades morfolóxicas do pe, sobre todo se o mesmo precisa dun tratamento anatómico especial.

Pero tamén presenta na súa tenda un selecto stock de pezas, coa numeración completa e á disposición do cliente ao momento con tan só entrar, probar e mercar. A maior parte da venda realízase a nivel local, pero tamén veñen visitar e a mercar ao obradoiro clientes da Coruña, Vigo e mesmo de Madrid. O coñecemento do bo facer deste obradoiro artesán débese á transmisión boca a boca do seu traballo pero tamén polas feiras ás que os artesáns de vez en cando asisten e nas que se dan a coñecer, Mostrart, Ofeitoaman, San Froilán, Cangas e ata San Isidro en Madrid.

Artesanía única

 

Laia traballa por encarga, atendendo de xeito personalizado ao cliente, tomando medidas e adaptando a confección ás necesidades morfolóxicas do pe, sobre todo se o mesmo precisa dun tratamento anatómico especial.

Pero tamén presenta na súa tenda un selecto stock de pezas, coa numeración completa e á disposición do cliente ao momento con tan só entrar, probar e mercar. A maior parte da venda realízase a nivel local, pero tamén veñen visitar e a mercar ao obradoiro clientes da Coruña, Vigo e mesmo de Madrid. O coñecemento do bo facer deste obradoiro artesán débese á transmisión boca a boca do seu traballo pero tamén polas feiras ás que os artesáns de vez en cando asisten e nas que se dan a coñecer, Mostrart, Ofeitoaman, San Froilán, Cangas e ata San Isidro en Madrid.

Ademais da calidade do material, brando e de total transpiración, existe outro factor que avoga pola saúde dos pes pois Laia confecciona zapatos cunhas formas anatómicas moi cómodas e adecuadas para o bo tratamento do pé. Son as coñecidas botas ou botinas de pato, feitas cun deseño que permite ao pe o descanso que se merece dada a súa importante función. Por outra banda, o feito de facer calzado tamén por encarga garante que estea feito á medida exacta, tendo en conta as peculiaridades de cada pé.

Tamén se pode dicir de Laia que os seus acabados son perfectos, a duración está garantida, son calzados de moi alta calidade, cosidos puntada a puntada, coidadosamente.

Xosé Ramón Laia é o zapateiro artesán que traballa co coiro desde neno pois iso foi o que lle gustou desde tempos novos. Ao principio como dependente nun establecemento de produción e venda de zapatos e outros produtos de coiro, despois, pouco a pouco, facendo pequenas cousiñas como carteiras e chaveiros tamén no mesmo negocio. Pasou alí dez anos ata que á idade de 23 anos decidiu montar o seu propio taller. Aos comezos centrábase máis na reparación de pezas de coiro e a confección de bolsos, carteiras, cintos e sandalias.

A produción de zapatos tentáballe pero dado a maior complexidade decidiuse a facer algún curso de zapataría para ter os coñecementos suficientes que, sumados á longa observación da fabricación á que tantos anos se dedicou, lle permitisen atender á demanda de calzado que a xente lle ía suxerindo. Aínda así, pódese dicir que a súa formación é eminentemente autodidacta, pois a destreza coa que hoxe confecciona un zapato débese á dedicación, perfeccionismo e práctica ao longo dos anos.

Posúe a carta de artesán desde o ano 1994, traballa no taller pero tamén dedica unha parte do seu tempo á docencia, pouco porque non lle queda moito despois da produción pero de vez en cando imparte algún curso ou obradoiro para o concello, ou para algunha organización que o reclama. No taller traballan con el os seus irmáns Miguel e Toño, o primeiro xunto con Xosé Ramón co coiro e o outro máis especializado na reparación de calzado.

Coñece máis

O curtido vexetal é tan antigo como a historia do ser humano, posto que as peles se usan desde a prehistoria e foi nese momento cando se decatou o home que unha pel en contacto coa codia de árbore escapa da podremia.

 

O tratamento da pel empeza polo salgado intenso para quitarlle toda a graxa e restos de carne e despois de prensalas ben elimínaselle toda a sal con auga e tamén todo o pelo. Unha vez feito, empeza o curtido con codia de árbore botando as peles nuns bombos e dando voltas durante días e días para que queden totalmente libres de impurezas e queden lisas.

Logo disto, estíranse e póñense a secar ao ar libre ata que non quede nada de humidade, quedando un pouquiño tesas pero co acabado final con aceite de oliva xa recobran a maleabilidade e se consegue o brilo.

A pel curtida de xeito vexetal é moi flexible, o que fai que se preste para traballos nos que esta característica sexa relevante ;soe ter un ton marrón moi natural ao mesmo tempo que vai adquirindo pouco a pouco unha cor con pátina, como consecuencia do óxido do tanino da codia, moi apreciada polos amantes do coiro.

  • Zapato 1

    Zapato 1

    Zapato 1

  • Zapato 2

    Zapato 2

    Zapato 2

  • Zapato 3

    Zapato 3

    Zapato 3

  • Zapato 4

    Zapato 4

    Zapato 4

  • Zapato 5

    Zapato 5

    Zapato 5

  • Zapato 6

    Zapato 6

    Zapato 6

  • Zapato 7

    Zapato 7

    Zapato 7

  • Zapato 8

    Zapato 8

    Zapato 8

  • Zapato 9

    Zapato 9

    Zapato 9

  • Zapato 10

    Zapato 10

    Zapato 10

Enderezo

Praza do Convento Nº 3

15800 Melide

A Coruña

  • Teléfono: 981 505 539 / 626 252 054 / 669 613 728