LAMPARASDECARTON.COM

LAMPARASDECARTON.COM é unha tenda en liña de lámpadas de cartón artesanais.


VÍDEO-PRESENTACIÓN

Feitas a partir dun material cotidian, como é o cartón corrugado, nosa iluminación decorativa interior ofrece un novo rexistro para crear ambientes únicos e exclusivos nas actuais tendencias da decoración. As lámpadas emiten luz inferior directa, luz cenital indirecta e permiten o paso da luz polas ondas do cartón texturando ó ambiente enteiro cun conxunto de luces e sombras, sendo ideal para crear unha novedosa atmosfera na iluminación contemporánea.

No noso sitio web podes atopar o noso catálogo de lámpadas de teito, lámpadas de mesa e se o que buscas é unha peza específica, en Deseños Personalizados, contamos cun equipo de deseño que che aconsellará e desenvolverá a peza que precisas.

Aconsellamos e elaboramos orzamentos personalizados, colaboramos con arquitectos, decoradores e tendas; na nosa área profesional pode solicitar condicións e tarifas especiais.

Tódalas nosas lámpadas son únicas de deseño propio e son pezas artesanais numeradas, cada peza ten unha etiqueta identificativa numerada de "Artesanía de Galicia" como garantía de calidade.

ARTESANÍA E INNOVACIÓN


Baixo as premisas do ecodiseño combinámolas técnicas máis avanzadas coa produción artesanal, superpoñendo pezas de cartón FSC e reciclado, usamos cola sen disolventes e a tódalas nosas lámpadas aplicámoslles un revestimento á proba de lume que lles dá maior resistencia á calor e a choque ademais facilitala súa limpeza. As nosas lámpadas pasaron as probas necesarias para alcanzar o certificado de seguridade e calidade Marcado CE.

Cada unha das nosas lámpadas as podes mercar nun dos nosos tres acabados de cores (Natural, Avéla ou Branco) e combina-lo con o equipo eléctrico (E27) máis convinte para o seu proxecto de iluminación (laca Negro con cable de Tecido Negro, Inox con cable Tecido Gris ou Laca branco con cable Tecido Vermello). As lámpadas son servidas sen lámpada (Globo Led 360º) debido ás diferentes necesidades dos nosos clientes (potencia, temperatura de cor, lumens), envío gratis (nacional) e tempo estimado de entrega é de 1 mes despois da súa confirmación.

LAMPARASDECARTON.COM (Rexistro Taller Artesán nº 950) é unha empresa de iluminación fundada en 2012 por Javier F. Calo (Arquitecto COAG nº 4291, Carta Artesán Xunta de Galicia nº 4772) en Vigo, Pontevedra.

VIDEO-ENTREVISTA

En 2012, fomos galardoados có Premio Mozo Emprendedor na "7ª Edición dos Premios AJE-GALICIA 2012"; en 2013, fomos seleccionados para una praza no programa "ViaVigo 2013", organizado pola Zona Franca de Vigo e no ano 2015 fomos finalistas do "X Premios Nacionais de Artesanía 2015", organizado polo Fundesarte e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo LINK.

A nosa empresa tamén foi seleccionado para participar en feiras e mostras recoñecidas como "Produto Fresco 2015" no Matadero-Madrid, "Espazo NUDE para Xoves Deseñadores" na Feira Internacional Hábitat de Valencia 2015, "Mercado Central do Deseño" no Museu del Disseny de Barcelona.

Se queres coñecer as nosas novidades, ofertas, suxestións e ideas na nosa web, podes atopar as ligazóns ás nosas Redes Sociais e no noso Blog.

 

Podes descargar o noso catálogo premendo aquí.

  • Colección de lámpadas

    Colección de lámpadas

    DESEÑO DE ILUMINACIÓN

  • Iluminación de deseño

    Iluminación de deseño

    02

  • Iluminación moderna

    Iluminación moderna

    03

  • Lámpadas de deseño

    Lámpadas de deseño

    04

  • Lámpadas modernas

    Lámpadas modernas

    01

  • Lámpadas personalizadas

    Lámpadas personalizadas

    CORES DE ACABADO

  • Proxectos de iluminación

    Proxectos de iluminación

    COLECCIÓN 2017

Enderezo

Avda. Camelias nº 22, 6º Izqda.

36202 Vigo

Pontevedra

  • Teléfono: +34 606 013 802
  • Email: info@lamparasdecarton.com