Maf Artesanía

Manuel Alonso Fojaca leva case 50 anos exercendo o oficio de ferreiro. Un oficio que aprendeu de seu pai, xa que falamos dun sector, o da artesanía do ferro, onde os coñecementos adoitan pasar de xeneración en xeneración. Desta aprendizaxe nace a producción de coitelería e ferramentas de corte marca MAF.

As principais características dos coitelos marca MAF son a calidade, o bo corte e os deseños orixinais. A folla dos mesmos realízase en aceiro inoxidable ou aceiro ó carbono. Os mangos están torneados en madeiras de distintos tipos e con variados deseños, para posteriormente seren vernizados.

Estas características tamén se poden ver noutras ferramentas como fouces, machetes,.... Nos últimos anos ademáis, Manuel Alonso embarcouse na producción doutras pezas diferentes como gubias, espadas, puñais, e incluso en pezas de forxa artística. En todo caso, a marca MAF engloba un amplo abano de modelos que son unha mostra das posibilidades do traballo de forxa.

Nestes enlaces pode verse, narrado dun xeito peculiar a través do programa da TVG Made in Galicia, todo o proceso de traballo do ferro no obradoiro de Manuel Alonso:

Manuel Alonso comeza a súa andaina fai aproximadamente 50 anos no obradoiro familiar situado no municipio de Riotorto (Lugo), enclave cunha longa tradición de ferreiros.

Tras unha primeira etapa de formación, baseada na realización de fouces principalmente, este artesán comezou coa fabricación de coitelos. Nacía así a marca MAF, que dende entón traballa e innova na súa producción, tentando adaptarse ós novos tempos. 

A súa producción e o seu oficio foron e son motivo de interese en distintos ámbitos, entre eles destacamos:

Manuel Alonso aparecía aló polos anos 80 poñendo cara á figura do ferreiro nun dos tomos da Enciclopedia Gallega.

A súa presenza fíxose notar tamén en diarios como El Progreso ou en La Voz de Galicia, onde se lle entrevistou acerca do oficio.

A tribo sabe é un coñecido libro do escritor galego Xosé Vázquez Pintor, onde este artesán tamén foi entrevistado para ocupar algunhas das páxinas deste ensaio sobre os oficios tradicionais galegos.

Algún programa radiofónico e de televisión (Made in Galicia é un exemplo) requeriu a colaboración de Manuel Alonso para ilustrar o traballo do ferreiro.

Actualmente segue a realizar o seu traballo de ferreiro e colabora en feiras de artesanía. Ademáis, recibe no seu obradoiro visitas para todo aquel que, de preto, queira coñecer un pouco máis sobre o oficio e sobre os coitelos MAF.

 

  • Coitelo 1

    Coitelo 1

  • Coitelo 2

    Coitelo 2

  • Coitelo 3

    Coitelo 3

  • Coitelo 4

    Coitelo 4

  • Coitelo 5

    Coitelo 5

  • Machete

    Machete

  • Lanza

    Lanza

  • Coitelo 6

    Coitelo 6

  • Coitelo 7

    Coitelo 7

  • Coitelo 8

    Coitelo 8

  • Coitelo 9

    Coitelo 9

  • Coitelo 10

    Coitelo 10

  • Coitelo 11

    Coitelo 11

  • Coitelo 12

    Coitelo 12

Enderezo

Lugar Hermida, nº20

27744 Riotorto

Lugo

  • Teléfono: 982 346219