Manuel Fuentes Tato

Todo o labor artesanal que Manuel Fuentes realiza na actualidade desenvólvese en torno á madeira, máis concretamente á técnica da talla sobre a mesma. Nutríndose de madeiras nobres como pode ser o buxo, a nogueira ou o castiñeiro, intenta darlle o mellor de si a cada anaco de madeira, plasmando sobre ela un deseño froito da súa imaxinación creativa.

Pero se ben a madeira é a principal materia prima coa que conta, Manuel Fuentes non cansa de experimentar con novos rexistros e materiais coma o cristal, o metal, as teas, etc. Deste xeito logra obter un novo concepto dentro da súa especialidade artesá e o seu selo persoal faise patente en cada unha das súas obras. Como resultado, pezas únicas e exclusivas difíciles de reproducir de idéntico xeito.

As coleccións

Aplique de parede - Ref. A003 (Colección Compostela) Tres son as coleccións das que na actualidade dispón Manuel Fuentes: "Arume", "Arte en primavera" e "Compostela", a máis recente e que acaba de presentar.

Cada colección ten unha liña de deseño propia. Así pois, se ben nas primeiras coleccións primaba o uso do cristal para a elaboración das lámpadas, nesta última toman protagonismo outros elementos coma os materiais téxtiles e mesmo reciclados. Tamén destaca pola incorporación dos dúos e os apliques de parede, inéditos ata agora.

Manuel Fuentes sempre se sentiu atraído polo mundo das Artes Plásticas, e xa dende moi novo disfrutaba e destacaba coa pintura. De aí que, durante algún tempo, unha das actividades que realizaba era a pintura sobre tea, "máis concretamente gustábame pintar e personalizar pezas de roupa e calzado, como camisetas ou zapatillas", explica. Tamén nas súas obras máis actuais plasmou esta outra faceta artística. Pintura sobre tea de liño, acuarela..., varias son as pezas que, á parte da propia talla, levan engadida algunha destas especialidades. Ademais disto, "esta afición polo debuxo e a pintura vénme moi ben á hora de crear os deseños", comenta.

Pero hai que destacar que non foi ata uns anos máis tarde cando, despois de realizar varios cursos de talla e restauración na Escola do Moble da Estrada, atopou a súa verdadeira vocación. Facendo uso dos coñecementos adquiridos, e deixándose levar pola súa creatividade e carácter persoal, foi creando pouco a pouco un novo e orixinal estilo dentro desta outra especialidade artesanal, a talla de madeira. Segundo el mesmo recoñece, "foi un proceso evolutivo e enriquecedor. Empecei facendo pequenas pezas de artesanía como chaveiros, aneis, colgantes, pulseiras, etc..., ata que fun centrándome en outras creacións como as lámpadas, as tallas decorativas, ou os espellos, ás que máis me dedico dende xa hai bastante tempo".

Das súas obras cabe resaltar que, aínda que está aberto a calquera deseño que lle propoñan, en principio todos os deseños son propios, resultado da súa inspiración artística e do seu persoal estilo á hora de tallar a madeira. Segundo conta, "nunca sabes en que momento che pode vir a inspiración". Calquera visión, un lugar, un cadro, unha planta..., calquera detalle pode ser fonte de inspiración para unha das súas obras, "por iso sempre procuro plasmalo sobre papel nese mesmo intre. Xa logo con calma, haberá tempo de modificalo ou perfecionalo", afirma.

Dende o ano 2008 Manuel Fuentes dispón da Carta de Artesán, pasando ademais a estar inscrito como profesional no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia. A pesares disto, non conta cun obradoiro artesán propiamente dito. "Iso sería un soño para min. Nada me gustaría máis que poder adicarme a isto en exclusiva, e poder gañarme a vida cunha actividade que me apaixoa". Pero recoñece que non é doado e, ata agora, non era esta unha posibilidade de peso. Conformábase aproveitando e disfrutando do pouco tempo libre do que dispón, adicándollo a esta labor que, en definitiva, é a que o fai sentir máis satisfeito e realizado. Pero, "agora si, agora conto cun novo obxetivo profesional. Ter o meu propio obradoiro artesán e dedicarme exclusivamente a el en corpo e alma", confesa.

Dun ou doutro xeito, o artista conseguiu plasmar estas ideas ata acadar un selo identificativo propio. Como resultado, unha liña artesanal innovadora baixo a firma de Manuel Fuentes.

Exposicións

Ata este momento conta con dúas exposicións feitas para dar a coñecer o seu traballo. A primeira, no ano 2005, serviu para presentar a súa colección "Arume". A segunda, en 2007, tivo como motivo a presentación da tamén segunda colección, "Arte en primavera". En ambos os dous casos o lugar elixido foi a Galería Sargadelos da Estrada.

Exposición "Arume" na Galería Sargadelos da Estrada. Actualmente está á espera de celebrar a que será a súa terceira exposición, na que será presentada a súa colección máis recente, "Compostela". De momento non está decidida nin a data nin o lugar, pero seguramente non haxa que esperar demasiado para que esta sexa unha realidade.

  • Espello decorativo de sobremesa - Ref. E003

    Espello decorativo de sobremesa - Ref. E003

  • Espello decorativo de sobremesa - Ref. E006

    Espello decorativo de sobremesa - Ref. E006

  • Espello decorativo de sobremesa - Ref. E008

    Espello decorativo de sobremesa - Ref. E008

  • Espello decorativo de sobremesa - Ref. E009

    Espello decorativo de sobremesa - Ref. E009

  • Espello de man - Ref. EM01

    Espello de man - Ref. EM01

  • Espello de man - Ref. EM05

    Espello de man - Ref. EM05

  • Lámpada de pé - Ref. LP001

    Lámpada de pé - Ref. LP001

  • Lámpada de pé - Ref. LP002

    Lámpada de pé - Ref. LP002

  • Lámpada de pé - Ref. LP003

    Lámpada de pé - Ref. LP003

  • Lámpada de pé - Ref.LP004

    Lámpada de pé - Ref.LP004

  • Lámpada de sobremesa - Ref. L005

    Lámpada de sobremesa - Ref. L005

  • Lámpada de sobremesa - Ref. L007

    Lámpada de sobremesa - Ref. L007

  • Lámpada de sobremesa - Ref. L011

    Lámpada de sobremesa - Ref. L011

  • Lámpada de sobremesa - Ref. L012

    Lámpada de sobremesa - Ref. L012

  • Marco e pintura - Ref. M001

    Marco e pintura - Ref. M001

    Marco e pintura á man sobre tea de liño.

  • Marco de fotos - Ref. M002

    Marco de fotos - Ref. M002

  • Talla decorativa - Ref. T001

    Talla decorativa - Ref. T001

    Talla decorativa policromada con cristal verde

  • Talla decorativa - Ref. T003

    Talla decorativa - Ref. T003

    Talla decorativa policromada con motivos étnicos.

  • Aplique de parede - Ref. A001

    Aplique de parede - Ref. A001

    Este aplique pode ser usado tamén como lámpada de sobremesa.

  • Aplique de parede - Ref. A002

    Aplique de parede - Ref. A002

    Este aplique pode ser usado tamén como lámpada de sobremesa.

  • Aplique de parede - Ref. A004

    Aplique de parede - Ref. A004

  • Aplique de parede - Ref. A005

    Aplique de parede - Ref. A005

  • Dúo - Ref. D001

    Dúo - Ref. D001

    Dúo formado por unha lámpada de sobremesa e unha lámpada de pé.

  • Dúo - Ref. D002

    Dúo - Ref. D002

    Dúo formado por unha lámpada de sobremesa e unha lámpada de pé.

  • Dúo - Ref. D004

    Dúo - Ref. D004

    Dúo formado por unha lámpada de sobremesa e unha lámpada de pé.

  • Dúo - Ref. D005

    Dúo - Ref. D005

    Dúo formado por unha lámpada de sobremesa e unha lámpada de pé.

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS026

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS026

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS027

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS027

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS028

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS028

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS029

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS029

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS030

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS030

  • Lámpada de pé - Ref. LP008

    Lámpada de pé - Ref. LP008

  • Lámpada de pé -Ref. LP009

    Lámpada de pé -Ref. LP009

  • Lámpada de pé - Ref. LP010

    Lámpada de pé - Ref. LP010

  • Espello decorativo de sobremesa - Ref. E01

    Espello decorativo de sobremesa - Ref. E01

    Espello de sobremesa xiratorio

  • Espello decorativo de sobremesa - Ref. E03

    Espello decorativo de sobremesa - Ref. E03

    Espello de sobremesa xiratorio

  • Espello de parede - Ref. E05

    Espello de parede - Ref. E05

    Peza para colgar formada por tres espellos de pequeno tamaño.

  • Espello de parede - Ref. E06

    Espello de parede - Ref. E06

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS02

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS02

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS04

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS04

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS07

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS07

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS08

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS08

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS10

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS10

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS11

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS11

  • Lámpada de sobremesa - Ref. LS12

    Lámpada de sobremesa - Ref. LS12

  • Lámpada de pé - Ref. LP01

    Lámpada de pé - Ref. LP01

  • Lámpada de pé - Ref. LP02

    Lámpada de pé - Ref. LP02

  • Lámpada de pé - Ref. LP03

    Lámpada de pé - Ref. LP03

  • Talla decorativa - Ref. T01

    Talla decorativa - Ref. T01

  • Talla decorativa - Ref. T02

    Talla decorativa - Ref. T02

  • Talla decorativa - Ref. T03

    Talla decorativa - Ref. T03

  • Talla decorativa - Ref. T04

    Talla decorativa - Ref. T04

  • Talla decorativa

    Talla decorativa

Enderezo

Lg. Agrelo, 14 RUBIN


36686 A Estrada

Pontevedra

  • Teléfono: 661391797
  • Email: mft59@hotmail.com