Maysil

Maysil é un obradoiro de xoiaría situado en A Estrada que se iniciou no ano 1999, pero que conta coa experiencia de moitos máis anos dedicándose a esta actividade por parte dos seus socios fundadores e artesáns. O lugar de traballo é un moderno espazo con todas as comodidades ergonómicas, maquinaria de todo tipo, oficina onde se realiza o deseño dalgún dos produtos que requiren da ferramenta informática para seren levados a cabo como os "prototipados" que tamén forman parte da súa carteira de oferta.

Tamén dispón dun espazo dedicado á tenda, que neste momento non está activo debido ao alto volume de produción que ten o obradoiro e que obriga a dedicarlle o cen por cen do tempo a "crear" deixando un pouco ao marxe temporalmente a labor de venta da man dos propios artesáns. Neste obradoiro poderemos atopar unha ampla gama de liñas de produtos de xoiaría, por unha banda pezas irrepetibles, por outra coleccións e tamén algunha serie, creacións de deseño propio ou ben por encarga tal e como elixa o cliente. Trabállase tan só con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como branco e con pedra natural "tamén tallan acibeche-, bixutería principalmente orientada á muller (aneis, brincos, pulseiras, brazaletes, colares,...) aínda que tamén pezas para home como xemelgos, pasadores de garabata.

Lugar de traballo Trabállase tan só con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como branco e con pedra natural.

Outra liña de negocio está formada polo de regalo de empresa, regalo de voda, de "pedida" e ao agasallo institucional sempre por encarga; dedícase tamén á fundición que é a produción de pezas xeralmente en grandes cantidades que eles funden de antemán para seren vendidas a outros obradoiros e ser rematadas e repasadas por aqueles e vendidas a menor custo se o obradoiro cliente elixe esta forma ou ben traballadas na súa totalidade ademais de fundidas se así o preferisen; temos tamén como elemento da súa oferta "o prototipado", basicamente consiste en que un cliente realiza a encarga dunha peza, habitualmente tamén para grandes series (un exemplo é a confección de grandes tiradas de pins), cun deseño tanto elixido polo propio cliente ou a incluír no paquete do pedido, co cal a través de técnicas gráficas e informáticas se desenvolve e leva a cabo a confección; e por último unha liña moi especial que é a "peza de autor", únicas e exclusivas. As técnicas que se empregan neste obradoiro son unha mestura entre os amplos coñecementos da xoiaría clásica dos que dispoñen os artesáns e a xoiaría moderna adaptando unha á outra creando pezas vangardistas con técnicas tradicionais, tratando sempre de ofrecer unha obra que perdure a través do paso do tempo e das modas.

Artesanía única

Pedras Neste obradoiro podemos atopar unha infinita gama de produtos, así os propios artesáns non teñen pechada a gama pois tratan continuamente de innovar e de crear pezas diferentes cheas de harmonía.

 

A calidade máis destacada da obra destes artesáns é a calidade, "nos facemos pezas de moi alta calidade, non pensamos no prezo, pensamos nun deseño e o facemos, queremos que os acabados sexan perfectos, que satisfagan plenamente ao cliente" "comentan eles-.

Cando se deciden a elaborar un produto ben sexa como colección ou por encarga, non pensan nin nas modas nin no prezo, traballan con total liberdade para lograr unha peza que sexa autenticamente "perfecta", así, considéranse perfeccionistas, a calidade é o que buscan en todo momento, pero non só a calidade en canto a acabados, senón que tamén a calidade do deseño, gústalles pensar que esa xoia perdurará ao longo do tempo e que non pasará de moda, de aí que os seus deseños son unha mestura de modernismo e xoiaría clásica, unha xoia que sexa para sempre, que guste onte e mañá.

Tamén é doado apreciar que o uso de pedra natural é unha característica dos produtos que podemos atopar neste obradoiro. Só pedra natural, de todas as cores, pois así lles gusta crear, incluso teñen participado en concursos onde a pedra é a protagonista e que tamén a creación de "Xoias de autor" é unha constante con moito valor para eles, pezas onde cada un deles pon a súa creatividade libre e en estado puro, sabendo que esa peza é única, e que está traballada con todo o esmero depositado nela para destacar.

María Silva e José Mayer son os artesáns ao cargo do obradoiro, cunha formación técnica e unha experiencia moi extensa na actividade xoieira. Ámbolos dous con estudos cursados na santiaguesa Escola de Artes Mestre Mateo, contan tamén cunha serie de cursos como Fabricación, engaste e deseño, de Gemología Comercial no Centro de Estudios e Investigaciones Gemológicas, Curso de gravado e engaste, de Orfebrería, de Deseño de xoiaría por ordenador, entre outros.

Con respecto á súa experiencia é fácil comprobar que se atopa avalada por moitos anos de traballo no sector, así José leva unha impresionante cifra de 15 anos e María 8 anos "ela posúe a Carta de Artesán desde o 1999- como xoieiros, tempo que resulta impresionante se temos en conta que son dous artesáns novos, polo que se podería dicir que levan traballando no sector practicamente "toda a súa vida". A nosa artesá tamén foi socia do movemento cultural "EVA" "evolutive art of jewels- e propietaria da tenda de xoiaría María Silva. José, por outro lado, conta coa experiencia no sector docente tendo impartido cursos como Iniciación al Gravado y la filigrana.

Á súa vez tamén foron gañadores de varios concursos, no caso de María obtendo o 1º Premio do concurso "Diseño de joyería" e partícipe no concurso de Deseño "De Beers", e no de José obtendo o Premio ao deseño máis novedoso no IV Concurso Nacional de diseño de joyas "Joyas de Autor" e acadando o segundo e terceiro lugar en concursos como o I Concurso nacional de azabache e no III Certámen de artesanía "Antón Fraguas" coa obra Tempo de Labranzas, respectivamente, como premios máis destacados entre outros.

Esta parella de artesáns leva moitos anos complementándose nos seu traballo, os estilos e modos de traballar son lixeiramente distintos o que lles confire unha riqueza de creatividade ao incorporar nunha obra o mellor de cada un deles. Este reparto de "gustos" apórtalles un equilibro envexable e unha harmonía ao obradoiro, así a José encántanlle facer pezas grandes, posto que iso foi a maior parte do que aprendeu desde idades temperás, "eu son máis bruto, gústanme as pezas grandes, as pezas de autor, as grandes liñas de deseño, ela é máis refinada e mestura moi ben as cores, e cando facemos un proxecto xuntos aportámonos mutuamente as ideas que mellor se adapten ao obxectivo final" "comenta José cun toque de humor que demostra o marabilloso equipo que forman-.

Coñece máis

Coñece máis Hai unha numerosa lista de feiras e exposicións onde nos podemos atopar a estes dous profesionais da xoiaría, así, temos que exposicións de xoiaría como a Galería Sargadelos, Escola de Artes Mestre Mateo, Metal Art Gallery, Museo do acibeche, Casa da Xuventude de Vigo "Art"istal", Centros Comarcais de A Estrada e do Deza, Casa da Cultura de Vigo, Iberjoya e moitas máis e tamén asistencia e participación en feiras como Intergift, Milán e incluso participación na Pasarela Cibeles baixo o lema "Segunda Piel" entre os moitos méritos e actividades coas que contan os artesáns. Tamén nos podemos atopar con que os dous artesáns deste obradoiro teñen moitas inquedanzas e aptitudes para levar a cabo outro tipo de actividades culturais, realizaron numerosas publicacións en prensa, en xornais como El punto de las Artes, Contraste, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, revistas tales como Gold&Time, outras publicacións como o Catálogo do Certame de artesanía Antón Fraguas, Catálogo de movimiento cultural EVA, e no libro "El azabache piedra mágica, joya, emblema jacobeo".

Outro feito que tamén lles incorpora unha característica de valor e que probablemente poucas persoas saben é a dificultade para traballar o ouro branco, de aí que cando coñecemos a labor que leva consigo o seu manexo aínda aumente o valor que ten para nós. Este material ten un punto de fusión máis alto que o amarelo e moito maior ao da prata. Cos equipos de sopretes modernos non se consegue alcanzar a temperatura mínima para fundir este metal, polo que os artesáns teñen que buscar métodos para aumentar os graos a base de incorporación de oxíxeno para aumentar a combustión.

Pero non acaba aí a súa preparación senón que tamén ten que pasar por outro proceso que é o rodinado ou baño de rodio. Cando vemos uns brincos de ouro branco e nos sorprende a súa beleza ignoramos que detrás da mesma hai máis traballo que o tallado e pulido.

  • Pulseira I

    Pulseira I

  • Pulseira I

    Pulseira I

  • Torques

    Torques

  • Conxunto de ouro

    Conxunto de ouro

  • Conxunto de ouro e pedra

    Conxunto de ouro e pedra

  • Conxunto de ouro e pedra

    Conxunto de ouro e pedra

  • Pulseira III

    Pulseira III

  • Brincos

    Brincos

  • Colgante

    Colgante

  • Colar I

    Colar I

  • Colar II

    Colar II

  • Conxunto de prata e perla azul

    Conxunto de prata e perla azul

  • Anel I

    Anel I

  • Anel II

    Anel II

  • Broche I

    Broche I

  • Broche II

    Broche II

  • Colar

    Colar

  • Conxunto de ouro, prata e pedra

    Conxunto de ouro, prata e pedra

  • Conxunto

    Conxunto

Enderezo

Rúa Padrón, Nº 13


36680 A Estrada

Pontevedra

  • Teléfono: 986 570 595 / 986 572 726
  • Fax: 986 570 595
  • Email: maysiljoyas@hotmail.com