Microwebs

Nesta sección aparecen as microwebs de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia. A través delas podemos coñecer o seu traballo e consultar os seus datos de contacto.

 

Crea unha microweb en Artesanía de Galicia

 

Os artesáns e as artesás, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia e que conten co uso da marca Artesanía de Galicia, teñen a  posibilidade de crear a súa propia microweb dentro da páxina web institucional www.artesaniadegalicia.xunta.gal como medio de promoción do seu traballo.

 

Para isto é preciso enviar unha solicitude por escrito á Fundación Pública Artesanía de Galicia, a través do formulario de contacto da súa páxina web ou ben ao enderezo electrónico centro.artesania@xunta.gal, na que se incluirán os seguintes datos: nome e apelidos, nome comercial, enderezo, teléfono e correo electrónico.

 

Unha vez que a Fundación reciba a solicitude, contactará co artesán ou artesá para dalos de alta, crearlles a microweb e informalos de todos os pasos necesarios para introducir os contidos (logotipo, textos e fotografías), que cada un xestiona persoalmente e que contan coa supervisión da Fundación.

 

Xosé María Lomba Martínez

Produtos minerais non metálicos | Talla de pedra ou mármore

  • Avenida Vilagarcía nº 24 3ºA
  • Santiago de Compostela
  • A Coruña
  • Tlf: 981 531 207