Nesta sección aparecen as microwebs de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia. A través delas podemos coñecer o seu traballo e consultar os seus datos de contacto.
Crea unha microweb en Artesanía de Galicia
Os artesáns e as artesás, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia e que conten co uso da marca Artesanía de Galicia, teñen a posibilidade de crear a súa propia microweb dentro da páxina web institucional www.artesaniadegalicia.xunta.gal como medio de promoción do seu traballo.
Para isto é preciso enviar unha solicitude por escrito á Fundación Pública Artesanía de Galicia, a través do formulario de contacto da súa páxina web ou ben ao enderezo electrónico centro.artesania@xunta.gal, na que se incluirán os seguintes datos: nome e apelidos, nome comercial, enderezo, teléfono e correo electrónico.
Unha vez que a Fundación reciba a solicitude, contactará co artesán ou artesá para dalos de alta, crearlles a microweb e informalos de todos os pasos necesarios para introducir os contidos (logotipo, textos e fotografías), que cada un xestiona persoalmente e que contan coa supervisión da Fundación.
Mobles | Ebanistería
Artes gráficas e servizos relacionados | Encadernación
Comercio ao retallo | Arranxos florais e fabricación de flores de papel ou tea
Mobles,Produtos minerais non metálicos | Ebanistería,Talla de pedra ou mármore
Artes gráficas e servizos relacionados | Gravados
Outras industrias manufactureiras | Xoiería