Microwebs

Nesta sección aparecen as microwebs de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia. A través delas podemos coñecer o seu traballo e consultar os seus datos de contacto.

 

Crea unha microweb en Artesanía de Galicia

 

Os artesáns e as artesás, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia e que conten co uso da marca Artesanía de Galicia, teñen a  posibilidade de crear a súa propia microweb dentro da páxina web institucional www.artesaniadegalicia.xunta.gal como medio de promoción do seu traballo.

 

Para isto é preciso enviar unha solicitude por escrito á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través do formulario de contacto da súa páxina web ou ben ao enderezo electrónico centro.artesania@xunta.gal, na que se incluirán os seguintes datos: nome e apelidos, nome comercial, enderezo, teléfono e correo electrónico.

 

Unha vez que a Fundación reciba a solicitude, contactará co artesán ou artesá para dalos de alta, crearlles a microweb e informalos de todos os pasos necesarios para introducir os contidos (logotipo, textos e fotografías), que cada un xestiona persoalmente e que contan coa supervisión da Fundación.

 

Jaime Piñeiro Borrajo

Produtos minerais non metálicos | Olería

  • Praza do Curro, 13. Vilar de Flores
  • Allariz
  • Ourense
  • Tlf: 629 349 899

José Calviño Doval

Produtos minerais non metálicos | Cantería

  • Lg Vistuide-AZ, nº 4

  • Rodeiro
  • Pontevedra
  • Tlf: 634 415 309

Jose Francisco Escudero Carril

Produtos minerais non metálicos | Talla de pedra ou mármore

  • San Román, Nº36. Orto
  • Abegondo
  • A Coruña
  • Tlf: 606 319 035

José Luis Tejedor

Produtos minerais non metálicos | Vitralista

  • Ctra.de Noia, Km 8
  • Ames
  • A Coruña
  • Tlf: 981 883 284

Joyas de Papel

Papel | Manipulados de papel e cartón

  • Tomás Mirambell 80. Panxón
  • Nigrán
  • Pontevedra
  • Tlf: 668 835 401 / 668 865 401

Judith Lado Barja

Coiro e calzado | Marroquinería

  • A Illa de Arousa
  • A Illa de Arousa
  • Pontevedra
  • Tlf: 659 059 923