Microwebs

Nesta sección aparecen as microwebs de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia. A través delas podemos coñecer o seu traballo e consultar os seus datos de contacto.

 

Crea unha microweb en Artesanía de Galicia

 

Os artesáns e as artesás, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia e que conten co uso da marca Artesanía de Galicia, teñen a  posibilidade de crear a súa propia microweb dentro da páxina web institucional www.artesaniadegalicia.xunta.gal como medio de promoción do seu traballo.

 

Para isto é preciso enviar unha solicitude por escrito á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través do formulario de contacto da súa páxina web ou ben ao enderezo electrónico centro.artesania@xunta.gal, na que se incluirán os seguintes datos: nome e apelidos, nome comercial, enderezo, teléfono e correo electrónico.

 

Unha vez que a Fundación reciba a solicitude, contactará co artesán ou artesá para dalos de alta, crearlles a microweb e informalos de todos os pasos necesarios para introducir os contidos (logotipo, textos e fotografías), que cada un xestiona persoalmente e que contan coa supervisión da Fundación.

 

Marian Novias

Confección de roupa | Modisto/a

  • Rúa Concepción Arenal, 129, baixo.
  • Naron
  • A Coruña
  • Tlf: 981 389 159

Maysil

Outras industrias manufactureiras | Xoiería

  • Rúa Padrón, Nº 13

  • A Estrada
  • Pontevedra
  • Tlf: 986 570 595 / 986 572 726

Mica

Produtos minerais non metálicos | Vidreiro/a

  • Avda. da Mahía, 50 - Baixo. Porta 5
. Bertamiráns
  • Ames
  • A Coruña
  • Tlf: 981 891 627 / 649 406 406

Nacho Porto

Produtos minerais non metálicos | Cerámica

  • Lg. Cornido, Nº 20
  • Carnota
  • A Coruña
  • Tlf: 981 762 500 / 616 744 132

Obradoiro de Gaitas Seivane

Outras industrias manufactureiras | Instrumentos tradicionais galegos

  • Volteiro, Nº 1-B. Cecebre
  • Cambre
  • A Coruña
  • Tlf: 981 676 656

Obradoiro de Tapices Galicia

Téxtil | Tecidos, tecedor, centón

  • Rúa Joaquín Planells Riera, Nº 1
  • A Coruña
  • A Coruña
  • Tlf: 981 230 589