A Fundación

Artes e oficios de Artesanía de Galicia Artes e oficios de Artesanía de Galicia Artes e oficios de Artesanía de Galicia Artes e oficios de Artesanía de Galicia Artes e oficios de Artesanía de Galicia Artes e oficios de Artesanía de Galicia Artes e oficios de Artesanía de Galicia Artes e oficios de Artesanía de Galicia

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño é unha entidade sen ánimo de lucro que depende da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Entre os seus cometidos primordiais atópase o desenvolvemento de liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos produtos artesanais ademais de optimizar o proceso produtivo xa que se entende que a innovación, o deseño e a calidade son as bases coas que conta a artesanía para sobrevivir.

O principal fin da Fundación, creada no ano 2003, é dotar o sector artesanal dunha infraestructura especializada para que poida desenvolver programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.

Horario de atención ao público: de 8:00 a 15:00 horas.

Padroado da Fundación

 

Presidente
D. Francisco José Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Vogais

Dna. Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio
Dna. María del Carmen Martínez Ínsua, directora xeral do Patrimonio Cultural
D. Jesús Oitavén Barcala, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dna. Marta López Quintás, subdirectora xeral de Comercio
D. Jesús Sáenz-Díez Belín, xefe do Servizo de Promoción Comercial e Artesanía
D. Óscar Rodríguez Blanco, representante do sector artesanal pertencente á Comisión Galega de Artesanía
Dna. Susana E. González Amado, representante do sector artesanal pertencente á Comisión Galega de Artesanía


Secretaria
Dna. Josefina Martínez Pérez, persoal fixo da Dirección Xeral de Comercio

Política de privacidade

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño comunica que:

  • Con relación aos datos persoais que se poidan achegar a través das funcionalidades do citado sitio web, informámoslle que tales datos serán tratados única e exclusivamente para a correcta xestión dos servizos dispostos a través destes, por parte da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Igualmente, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño poderá tratar os datos para realizar envíos de información e convocatorias relacionadas co sector artesanal, por diferentes medios inclusive os electrónicos.
  • Para o envío de boletíns e comunicacións análogas, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño utiliza tanto os datos obtidos a través do sitio web como outras bases de datos propias que teñen entre as súas finalidades a de realización de tales envíos, sempre tomando en consideración os requirimentos da citada Lei orgánica.
  • Cando os datos persoais sexan solicitados a través do formulario, será necesario cubrir os campos marcados cun asterisco, noutro caso a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño non poderá aceptar e xestionar o cumprimento da relación establecida.
  • Para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos, deberase remitir un escrito identificado coa referencia “Protección de Datos” a: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño,  Área Central L25MN, 15707 Santiago de Compostela.
  • No momento que se acheguen os datos, poderase manifestar o desexo de NON recibir comunicacións electrónicas por parte da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Se non se desexa recibir comunicacións electrónicas, no futuro, por parte da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, poderase manifestar tal desexo a través da dirección postal xa indicada