A Marca

Aplicacións da marca Artesanía de Galicia Aplicacións da marca Artesanía de Galicia Aplicacións da marca Artesanía de Galicia Aplicacións da marca Artesanía de Galicia Aplicacións da marca Artesanía de Galicia

No ano 2001 entrou en vigor a orde que regula o procedemento para conceder, utilizar e controlar a marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia. Grazas a esta marca, a artesanía galega conta agora cun sinal de identidade propia co que poder ofrecer unha imaxe harmónica, coordinada e representativa dos produtos artesanais galegos en todos os mercados, que sirva tamén como garantía de calidade para os consumidores.

No ano 2007 decidiuse renovar a identidade gráfica desta marca coa intención de que ese cambio simbolizase tamén o comezo dunha nova etapa para a artesanía galega, na que a innovación e o deseño habían ter un papel fundamental. O encargado de renovar a imaxe de Artesanía de Galicia foi Xil Rodríguez, que xa fixera o deseño anterior.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria entende que a promoción da marca Artesanía de Galicia no ámbito internacional é un paso clave para o desenvolvemento do sector artesán galego. Por este motivo, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño está a impulsar a introdución do produto artesán galego en novos mercados mediante a presenza institucional da marca Artesanía de Galicia en feiras internacionais de recoñecido prestixio, así como en feiras de venda directa que se celebran en diversas localidades galegas.

O obxectivo principal é dar a coñecer o sector artesán galego no seu conxunto baixo unha imaxe común que actúe como garantía de calidade e de prestixio a través da marca Artesanía de Galicia. Deste xeito, cun calendario de feiras tanto profesionais como de venda directa, a marca presenta os nosos produtos artesáns como pezas únicas, de grande calidade artística e artesanal, que ademais contan co valor engadido de estar elaboradas con técnicas e oficios de tradición secular que lles imprimen personalidade e identidade cultural.