Aviso legal

Contidos propiedade da Consellería de Economía e Industria

Os contidos de esta web están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial da Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de Comercio) ou de terceiros. Non está autorizada (e será perseguida) a reprodución total ou parcial dos datos e contidos non dispostos para o seu uso explícito aos que se teña acceso na web, ou fosen empregados contravindo a lexislación vixente en materia de propiedade industrial e intelectual.

Os/as usuarios/as que crean que os seus dereitos de propiedade intelectual estean sendo infrinxidos polo uso non autorizado dos seus traballos protexidos presentes nesta web, pódense poñer en contacto coa Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de Comercio) e solicitar que o contido sexa retirado.

A información referente á normativa e contratacións publicadas a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se han efectuar os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de Comercio) non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se atope totalmente actualizado.

As fotografía contidas neste portal proceden e son obra dos seguintes organismos e persoas:

  • Manuel González Vicente.
  • Arquivo fotográfico da Consellaría de Economía e Industria.
  • Arquivo fotográfico da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
  • Arquivo fotográfico da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
  • Fotografías cedidas pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía.
  • Fotografías remitidas e cedidas polos artesáns, ben como arquivo en soporte informático, ben tomada das súas páxinas web.

Condicións de acceso

O acceso á web www.artesaniadegalicia.org supón a aceptación plena polo usuario/a de todas as condicións do presente Aviso Legal, polo que se non está de acordo co contido da mesma deberase abster de facer uso da web.
O/a usuario/a comprométese a facer un uso da web e dos seus servizos e contidos conforme ao disposto pola lexislación vixente aplicable. A Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de Comercio) resérvase o dereito a denegarlle o acceso á web, sen necesidade de previo aviso, a calquera usuario/a que non respecte as condicións dispostas neste Aviso Legal.

A Consellería de Economía e Industria resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Rexistros de acceso

Esta web emprega cookies para o acceso dos usuarios/as a determinados contidos. Estas cookies tan só asocian anonimamente un usuario/a ao seu equipo para o proceso de xeración de estatísticas e control de acceso, sen proporcionar referencia ningunha pola que se poidan obter datos persoais. No caso de que haxa un uso de cookies do que se poida derivar algún dato de carácter persoal, os usuarios/as serán informados/as convenientemente de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

A web conserva os accesos en ficheiros log para comprobar as dinámicas de navegación pola web. Este log almacena a data, hora, orixe dos usuarios/as, website da que proveñen, páxina ás que accede e navegador que utiliza. Estes datos non son asociados a ningunha persoa.

Contidos de usuarios/as

Os/as usuarios/as aceptan cederlle a título gratuíto a esta web os dereitos de reprodución, distribución, transformación e comunicación pública, en todas as posibles modalidades, da obra que envían, para todo o mundo e pola duración máxima actualmente prevista na lei para a protección dos dereitos cedidos e con facultade de cesión a terceiros.

Os/as usuarios/as que remiten a obra (que poderá estar constituída por texto e fotografías) garanten ser titulares dos dereitos de propiedade intelectual que por virtude deste contrato ceden e, no seu caso, manterán indemne a esta web fronte a calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento da citada garantía.

Enviando a súa obra a esta web, o/a usuario/a acepta as seguintes condicións:

  • A administración da web decidirán sobre a idoneidade da obra a efectos da súa publicación e poderán adaptala ao formato conveniente para a súa publicación.
  • Non se aceptarán pezas que afecten aos seguintes principios: dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, respecto á dignidade da persoa, principio de non discriminación por motivos de raza, sexo, relixión, opinión, nacionalidade, discapacidade ou calquera outra circunstancia persoal ou social, así coma outros principios que poidan resultar vulnerados.

O usuario/a declara, asegura e confirma a esta web:

  • Que é maior de 18 anos.
  • Que os seus datos identificativos son certos e verificables.
  • Que é o autor material da obra que envía, que é orixinal e non foi plaxiada nin subtraída a terceiras persoas.
  • Que, no caso de enviar fotografías nas que aparezan persoas, estas foron feitas co seu consentimento, que son maiores de idade, e que aceptan as consecuencias do envío.
  • O usuario/a faise responsable destes envíos e, polo tanto, manterá indemne a esta web polo posible incumprimento das citadas garantías.

Exención de responsabilidade

A información publicada nesta web non pretende substituír servizos en ningún ámbito profesional.

Atendendo aos procesos de comunicación electrónica, a Consellería de Economía e Industria non garante que o acceso á páxina non poida ser interrompido, sufrir retrasos, ou errar.

No caso de interrupción do subministro da información, parcial ou total de www.artesaniadegalicia.org por causas alleas á Consellería de Economía e Industria, a empresa porá todos os medios para repoñer o antes posible o acceso á información.

Esta web contén enlaces a páxinas web alleas á Consellería de Economía e Industria, o que non supón a aceptación de responsabilidade ningunha sobre o contido destas webs. Unha vez que un usuario/a se atope nunha destas webs deberase ater ás indicacións legais que esa web indique. No caso de que un usuario/a considere que algún dos enlaces leva a unha páxina web inadecuada, pódese poñer en contacto con nós para propoñer a súa eliminación ou modificación.

Política de protección de datos

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), cuxo obxecto é garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, informámolos de que:

  • Os datos de carácter persoal recollidos na web inclúense en ficheiros protexidos e con acceso exclusivo. Na súa calidade de propietaria, a responsable destes ficheiros é a Consellería de Economía e Industria.
  • Artesanía de Galicia, conta coa autorización expresa para a publicación destes datos. Así mesmo, garante a seguridade dos mesmos a fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento e acceso non autorizado. Para iso adoptaranse as medidas técnicas e organizativas necesarias.
  • O/a interesado/a poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos poderase realizar a través do correo info@artesaniadegalicia.org. Tamén se poden exercitar estes dereitos nos termos que a normativa aplicable establece.