Corazón da Artesanía

Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía Corazón da Artesanía

Corazón da Artesanía, Encontro da artesanía tradicional e popular de Galicia

Os Pendellos, Agolada (Pontevedra).

O Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, Corazón de Artesanía, organízase no conxunto histórico-artístico dos Pendellos, en Agolada (Pontevedra), durante a primeira fin de semana do mes de xullo.

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño puxo en marcha esta iniciativa no ano 2012 co obxectivo de favorecer a promoción, a divulgación e a comercialización do produto artesán galego. O Encontro, pensado tanto para o público xeral como para os profesionais e especialistas, permite tamén abrir novas vías de colaboración e oportunidades de negocio para os artesáns e emprendedores participantes. Ademais, as distintas presentacións e conferencias reúnen cada ano a centos de persoas, mentres que unha media de 50 profesionais de diferentes disciplinas, como a artesanía, o deseño ou a arquitectura participan nas actividades de formación especializada que se desenvolven durante o Encontro.

Corazón de Artesanía constitúe un escaparate dos oficios artesanais tradicionais que se desenvolven en Galicia, entre os que se atopan a xoiería e a ourivería, a olería, a elaboración de instrumentos musicais, o téxtil, a madeira, a cestería, a marroquinería, a tellería ou a elaboración de redes ou de zocos. Ademais da exposición e venda destes produtos artesanais e de demostración de oficios por parte de moitos dos artesáns que participan cada ano, no Encontro hai un espazo reservado para postos de venda de produtos gastronómicos de calidade.

Precisamente co obxectivo de poñer en relación artesanía e gastronomía, nace a iniciativa “Artesanía no prato”, unha serie de demostracións en vivo de recoñecidos cociñeiros galegos, coas que se busca achegar o produto artesán ás novas propostas da cociña galega. As pezas artesás incorpóranse deste xeito aos menús como se se tratase dunha maridaxe e imprimíndolle un valor engadido á propia gastronomía