Formación

Cursos de Artesanía de Galicia Cursos de Artesanía de Galicia Cursos de Artesanía de Galicia Cursos de Artesanía de Galicia Cursos de Artesanía de Galicia Cursos de Artesanía de Galicia

A formación é unha das liñas estratéxicas de actuación que desenvolve a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do sector artesanal galego. Dende o ano 2010, a formación conta con dúas liñas paralelas e complementarias. Por un lado, a Fundación continúa coa liña de formación especializada para o sector artesanal galego, a través dun calendario de cursos que tratan en profundidade diversas técnicas, que se realizan ao longo do ano en diferentes localidades galegas. Esta programación deséñase en base ás propostas dos propios obradoiros e das asociacións profesionais de artesáns, o que lle permite á Fundación ofrecer un calendario de formación axustado ás necesidades reais do propio sector.

Por outro lado, no ano 2010 a Fundación abriu unha nova liña de actuación enfocada cara a unha capacitación profesional e técnica axustada a todos os ámbitos da actividade artesanal. Trátase dun programa de formación transversal que busca darlle unha resposta global ás diferentes necesidades dos artesáns no mercado actual e baséase na innovación aplicada aos procesos de xestión e produción da artesanía. Con este obxectivo, poténciase tamén a colaboración da artesanía con outros sectores como a moda, a decoración de interiores, o deseño ou a arquitectura, na busca de establecer campos de traballo conxunto, novos retos creativos e novos mercados para a artesanía.