Lexislación

Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se regula a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia.

Esta orde ten por obxecto regular a marca que coa denominación de Artesanía de Galicia é propiedade da Xunta de Galicia, e o procedemento para a súa concesión, uso e control do distintivo da marca (código de procedemento IN201E).

A marca Artesanía de Galicia identifica os produtores e produtoras artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia e acredita que o produto que porte o distintivo da marca se elaborou nun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.