Trámites e procedementos

Carta de artesán: obtención / renovación

Obxecto

Os artesáns e as artesás que cumpran os requisitos que se sinalan a continuación poderanlle solicitar á Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria a inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía. A concesión da carta de artesán é por un período de cinco anos e pódese renovar coa presentación dunha nova solicitude.

Requisitos

Ter superado cursos dunha duración mínima de 500 horas en centros de ensino que impartan formación artesá ou ter traballado nun taller artesán baixo a dirección dun mestre artesán, cunha asistencia mínima de 500 horas.

No caso de non posuír unha titulación regrada na actividade artesá da que se solicita a carta, hai dúas posibilidades:

1. Acudir a unha asociación profesional de artesáns para que certifique o traballo que se realiza unha vez valorado.

   - Asociación Galega de Artesáns (AGA). Teléfono: 981 293 688 / Correo-e: asociacion@galegadeartesans.org / Web: www.galegadeartesans.org
   - Asociación Galega de Artesáns Tradicionais (AGAT). Correo-e: artesans@gmail.com
   - Asociación de Artesáns de Ourense (ADAO). Teléfono: 988 391 110 / Correo-e: info@adao.es / Web: www.adao.es

2. Solicitar un informe asinado polo alcalde ou un certificado asinado polo secretario do concello no que reside a persoa solicitante da carta de artesán.

Normativa autonómica

Lei 1/1992, do 1 de marzo, de artesanía de Galicia (DOG do 23 de marzo de 1992)

Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 24 de setembro de 2001)

Orde do 31 de marzo de 2009 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 28 de abril de 2009)

Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 1 de xullo de 2014)

Orde do 1 de febreiro de 2017 pola que se actualizan os procedementos e os formularios normalizados para a obtención da carta de artesán e a cualificación de taller artesán (DOG do 21 de febreiro de 2017)

Documentación

  • Solicitude normalizada.
  • Fotocopia DNI / NIF, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no formulario da solicitude.
  • Certificado de residencia da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no formulario de solicitude.
  • Memoria das actividades profesionais realizadas. A memoria deberá explicar tanto as materias primas que emprega como a metodoloxía de fabricación das súas obras (ferramentas utilizadas e proceso de elaboración), todo acompañado de exemplos de tipo gráfico (debuxos ou fotografías).Máximo 6 folios.
  • Acreditación de que cumpre os requisitos en cada caso.

(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberanse xuntar copias cotexadas, agás que na orde figure outra indicación.

Solicitude

Prazo de resolución: 5 meses

Información

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

Edificio Administrativo San Caetano

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 545 556 e 881 999 178

Fax: 981 545 541

cei.dxcomercio@xunta.gal