Trámites e procedementos

Marca Artesanía de Galicia: solicitude

Obxecto

Solicitude da marca de "Artesanía de Galicia". Se vostede é titular dun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ou dun establecemento de venda de artesanía galega, poderá solicitarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a autorización para o uso do distintivo da marca "Artesanía de Galicia" en etiquetas e elementos promocionais tales como bolsas, carteis, caixas, papel, así como noutros modelos que sexan autorizados. A concesión do uso do distintivo será por un período de dous anos, podéndose renovar coa presentación dunha nova solicitude.

Normativa autonómica

Orde do 31 de xullo de 2001 pola que se regula o procedemento para a concesión, uso e control da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia (DOG do 24 de agosto de 2001).

Orde do 17 de setembro de 2007 pola que se modifica a do 31 de xullo de 2001 pola que se regula o procedemento para a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia (DOG do 2 de outubro 2007).

Documentación

  • Solicitude normalizada na que se fará constar o tipo de material ou modelo no que se pretende utilizar o distintivo e, no caso de etiquetas, o número de exemplares que se solicitan.
  • Se o solicitante é un obradoiro artesán deberá indicar o número de inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía.
  • Se o solicitante é un establecemento de venda de artesanía deberá achegar a declaración de cinco obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberanse xuntar copias cotexadas, agás que na orde figure outra indicación.

Información

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

Edificio Administrativo San Caetano

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 545 556 e 881 999 178

Fax: 981 545 541

cei.dxcomercio@xunta.gal