Trámites e procedementos

Obradoiro artesanal: obtención / renovación

Obxecto

Os artesáns que cumpran os requisitos que se sinalan a continuación poderanlle solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía. Se vostede está en posesión da carta de artesán poderá obter a cualificación de taller artesán presentando a correspondente solicitude á Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Este documento será expedido pola Comisión Galega de Artesanía. Unha vez obtido este documento de cualificación de taller artesán procederase á inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Beneficiarios: artesáns. A concesión da acreditación como obradoiro artesán é por un período de cinco anos e pódese renovar coa presentación dunha nova solicitude.

Normativa autonómica

Lei 1/1992, do 1 de marzo, de artesanía de Galicia (DOG do 23 de marzo de 1992)

Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 24 de setembro de 2001)

Orde do 31 de marzo de 2009 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 28 de abril de 2009)

Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 1 de xullo de 2014)

Orde do 1 de febreiro de 2017 pola que se actualizan os procedementos e os formularios normalizados para a obtención da carta de artesán e a cualificación de taller artesán (DOG do 21 de febreiro de 2017)

Documentación

  • Solicitude normalizada.
  • Acreditación de que o titular do taller é un artesán.
  • Nome do titular do taller artesán e, de ser o caso, o nome comercial.
  • Fotocopia do NIF ou CIF.
  • Fotocopia cotexada da alta no IAE, e de ser o caso, do último recibo do IAE ou certificado do organismo competente que acredite que se encontra dado de alta e ao día no pagamento do citado imposto.
  • Relación por categorías dos traballadores do taller.
  • As entidades cooperativas ou asociativas reguladas na Lei de artesanía de Galicia, que comercialicen a produción dos seus socios ou asociados achegarán, ademais, a certificación ou documento acreditativo da súa constitución legal, estatutos e relación dos socios que a compoñen.

(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberanse xuntar copias cotexadas, agás que na orde figure outra indicación.

Solicitude

Prazo de resolución: 5 meses

Información

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

Edificio Administrativo San Caetano

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 545 556 e 881 999 178

Fax: 981 545 541

cei.dxcomercio@xunta.gal