Trámites e procedementos

Solicitude de revisión de actividades de artesanía

Obxecto

Se vostede está interesado en revisar a relación de actividades artesás incluídas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, poderallo solicitar á Comisión Galega de Artesanía. A relación de actividades artesás será susceptible de revisión periódica pola Comisión Galega de Artesanía, de oficio ou a instancia da parte interesada. A revisión levarase a cabo mediante orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os interesados dirixirán a solicitude de revisión á Comisión Galega de Artesanía, xunto coa documentación xustificativa dela e a que, no seu caso, se determine regulamentariamente. A Comisión poderá requirir do solicitante calquera información ou documentación adicional que estime necesaria.

Normativa autonómica

Lei 1/1992, do 1 de marzo, de artesanía de Galicia (DOG do 23 de marzo 1992).

Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 24 de setembro de 2001).

Orde do 31 de marzo de 2009 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001 do 7 de setembro (DOG do 28 de abril de 2009).

Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesanais recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG do 1 de xullo de 2014)

Documentación

  • Solicitude normalizada.
  • Documento xustificativo da modificación.

(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberanse xuntar copias cotexadas, agás que na orde figure outra indicación.

Información

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

Edificio Administrativo San Caetano

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 545 556 e 881 999 178

Fax: 981 545 541

cei.dxcomercio@xunta.gal