Encaixe

Encaixe Galego Tradicional

Este catálogo pretende ser unha proposta de restauración e renovación do deseño tradicional dos encaixes galegos. Componse de cen motivos típicos galegos representativos, coas súas correspondentes variantes e dúas coleccións de abecedarios. Cada un dos deseños contén unha ficha informativa de grande utilidade. O obxectivo desta obra é conseguir unha mostra das técnicas orixinais galegas, cos tipos de puntos, figuras e puntillas máis característicos de Galicia.

Autora
Concepción Canoura Leira