Encaixe

Raizame do Encaixe Galego

Este mostrario pretende recuperar, xuntar e poñer á disposición de todas as palilleiras técnicas e modelos esquecidos, co fin de que non se perdan, posto que moitos deles "morrerán" coas poucas anciás que aínda recordan traballalos. Esta perda sería irreparable porque o conxunto dos debuxos e das técnicas menos contaminadas son as que confiren as características do encaixe galego e as que lle dan unha identidade propia. Cada artesanía ten unha parte de arte e outra de oficio e posto que, contra todos os prognósticos, segue vivo o encaixe como oficio no século XXI, cabe aloumiñar a súa parte artística como débeda histórica, etnográfica e, sobre todo, para contribuír a darlle as ferramentas que o fagan perdurar no tempo.

Autora
Concepción Canoura Leira