Outras publicacións

O coñecemento dos oficios tradicionais é imprescindible tanto para o desenvolvemento do sector artesán galego como para a súa adaptación ás tendencias contemporáneas. Por este motivo, a formación especializada dos artesáns, así como a investigación, a recuperación e a preservación das técnicas dos oficios tradicionais constitúen obxectivos básicos da liña de actuacións da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Nesta sección pódense descargar de xeito gratuíto en formato pdf diferentes publicacións relacionadas coa artesanía, que contan coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria.