Outras publicacións

“A cerámica en Galicia: dos castros a Sargadelos”. Actas do XIV Congreso de Ceramoloxía

Publicación das actas do XIV Congreso Anual da Asociación Española de Ceramoloxía, celebrado en Oleiros a finais de 2009 e que contou co apoio económico da Consellería de Economía e Industria. Este encontro permitiu crear un espazo de intercambio cultural e profesional que estivo dedicado á evolución histórica da cerámica en Galicia, no que se realizou unha análise do patrimonio cerámico galego dende todos os puntos de vista: histórico, artístico, etnográfico, arqueolóxico, antropolóxico, económico e tecnolóxico.