Outras publicacións

Artesanía como agasallo institucional e de empresa

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño presenta unha escolma de pezas únicas e especiais, amparadas pola marca Artesanía de Galicia, orientadas ao agasallo institucional ou corporativo, que se presentarán coa embalaxe propia da marca. O catálogo 2011 está composto por 65 propostas relacionadas coa cerámica, a xoiería, o vidro, a olería, a madeira, o téxtil, o coiro ou a encadernación, elaboradas por 51 obradoiros artesáns. O obxectivo é poñer en valor o produto artesanal de calidade, feito en Galicia, e abrir novas liñas de mercado para o sector.