Outras publicacións

Do papel ao libro

Do papel ao libro é a segunda unidade didáctica incluída no proxecto “Enredando, artesanía na escola”, posto en marcha pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e que está orientada ao proceso da elaboración de papel. Este módulo diríxese ao alumnado de educación primaria e secundaria. Nel cada un dos participantes realiza de forma artesanal 25 follas Din-A4 utilizando os materiais necesarios: polpa de papel, recipiente de plástico, baruto ou coador, auga, cola, prensa e prancha; así como a mestura de fibras de bambú e de eucalipto. Posteriormente, os escolares e os docentes realizan unha práctica de encadernación dun libro a través da técnica de catro buratos.