Outras publicacións

O gremio da seda

O Gremio da Seda é a primeira das unidades didácticas incluídas no proxecto “Enredando, artesanía na escola”, posto en marcha pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño co obxectivo de achegarlle aos máis novos o mundo da artesanía. A través da publicación “O Gremio da seda” e do material posto á disposición dos colexios participantes, explícaselle aos rapaces de forma práctica como é o proceso de obtención da seda, facéndoos participar activamente implicándose no seu desenvolvemento. Deste xeito, os alumnos puideron coñecer e ser partícipes do proceso de produción da seda, dende a cría e evolución dos vermes ata a extracción da mesma para a confección do fío e a elaboración das teas empregando os teares.