Tornería

Contornos

Esta publicación recolle, a través de fotografías realizadas polo artesán Fernando Vérez, as 56 pezas de madeira torneada que se inclúen na II Exposición Itinerante de Tornería, organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e creada a raíz da oitava edición do Encontro de Torneiros celebrado en Xermade no ano 2008. "Contornos" inclúe os traballos de 31 torneiros, ademais dunha obra conxunta e dunha peza elaborada a través da combinación das técnicas da tornería coas da cestería artesanal.