Tornería

Contornos III

Esta publicación recolle as 50 pezas que forman parte da III Exposición Itinerante de Madeira Torneada Contornos, organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. A mostra é unha escolma realizada polos propios torneiros participantes na novena edición do Encontro de Torneiros, celebrado en Xermade en setembro de 2009, no que se recolle o traballo de 38 autores. Contornos III inclúe as obras tanto de torneiros profesionais como de afeccionados procedentes de Galicia, A Rioxa, Navarra, Andalucía, Cataluña, Asturias, País Vasco, Illas Baleares, Illas Canarias, Madrid e Francia.