Convocatorias

Convocatoria das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán para o ano 2019

Do 28-3-2019 ao 29-4-2019

Galicia

Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN201G).

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca para o ano 2019 as subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices

Do 28-2-2019 ao 16-9-2019

Galicia

Orde do 12 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento IN201K).

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as subvencións concedidas aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices

Do 29-11-2018 ao

Galicia

Resolución do 20 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices (código de procedemento IN201K).

Ampliar info

Premios Artesanía de Galicia 2018

Do 2-11-2018 ao 16-11-2018

Galicia

A Fundación Pública Artesanía de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca os Premios Artesanía de Galicia 2018.

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Establécense as seguintes modalidades:

  • - Premio Artesanía de Galicia 2018
  • - Premio Traxectoria 2018
  • - Premio Bolsa Eloy Gesto 2018

 

Ampliar info