Formación

Cestería de palla con silveira e vimbio con xesta

Do 5-7-2019 ao 7-7-2019

Agolada (Pontevedra)

Traballarase na evolución da técnica de cosedura en espiral empregando a silveira para coser e a palla de centeo para o corpo de recheo do cesto. Requírense coñecementos previos de cestería con palla.
Impartido por Álvaro M. Leiro - Pazos de Borbén [Pontevedra]
Dirixido a artesáns e público en xeral interesado na cestería.
Do 5 ao 7 de xullo de 2019
Venres, sábado e domingo 11:30 - 14:00 + 16:00 - 21:30 
Número de alumnos: 3  /  Prezo: 50 euros