Formación

II CAMPUS DOS OFICIOS. A MATERIALIDADE DA PEDRA “DA ARTESANÍA Á INDUSTRIA, CAMIÑOS DE IDA E VOLTA” (realizado)

Do 7-7-2018 ao 7-7-2018

Auditorio Manuel Costa Casares - Agolada (Pontevedra)

 

A segunda edición do Campus dos Oficios abre un tempo de debate entre artesáns, empresas de raíz artesanal, industrias de transformación de materias, arquitectos e técnicos que aportan a perspectiva do territorio do que nace a materia prima protagonista deste campus, a pedra en Galicia. O obxectivo é o interese que suscitan os debates entre estes entes aparentemente afastados na súa escala de formulación, pero que enfrontados e exhibindo os seus problemas  comúns  fronte ao mundo contemporáneo, poden atopar  puntos compartidos de enriquecemento e enlace.

 

   Sábado 7 de xullo

11:30 Recepción dos participantes na Praza do Concello e visita á feira

12:30 Presentación do proxecto polo coordinador Luis Gil  e conferencia do convidado 2018 Alfonso Salgado. SalgadoeLiñares ArquitectosEnxeñeiros

16:30 Mesa de debate e discusión aberta

 

Luis Gil Pita

Arquitecto e coordinador do proxecto - Santiago de Compostela [A Coruña]

SalgadoeLiñares

Arquitectos e Enxeñeiros - Bertamiráns [A Coruña]

David Soengas

Artesán canteiro - Antas de Ulla [Lugo]

Francisco Javier Alonso de la Peña

Arquitecto redactor do Plan Director da Catedral de Santiago - Santiago de Compostela [A Coruña]

Guillermo Rodríguez

Renovatio - Vigo [Pontevedra]

Javier Oujo

Sograni - Porto do Son [A Coruña]

José Ángel Lorenzo

Gerente do Clúster do Granito - O Porriño [Pontevedra]

Juan Ramón Vidal Romaní

Catedrático emérito da UDC e director do Instituto Universitario de Xeoloxía - A Coruña

Manolo Paz

Escultor - Cambados [Pontevedra]

Octavio Vázquez

PCM Granitos Moldurados - Lugo