Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

II CAMPUS DOS OFICIOS. A MATERIALIDADE DA PEDRA “DA ARTESANÍA Á INDUSTRIA, CAMIÑOS DE IDA E VOLTA” (realizado)

Auditorio Manuel Costa Casares - Agolada (Pontevedra)

 

A segunda edición do Campus dos Oficios abre un tempo de debate entre artesáns, empresas de raíz artesanal, industrias de transformación de materias, arquitectos e técnicos que aportan a perspectiva do territorio do que nace a materia prima protagonista deste campus, a pedra en Galicia. O obxectivo é o interese que suscitan os debates entre estes entes aparentemente afastados na súa escala de formulación, pero que enfrontados e exhibindo os seus problemas  comúns  fronte ao mundo contemporáneo, poden atopar  puntos compartidos de enriquecemento e enlace.

 

   Sábado 7 de xullo

11:30 Recepción dos participantes na Praza do Concello e visita á feira

12:30 Presentación do proxecto polo coordinador Luis Gil  e conferencia do convidado 2018 Alfonso Salgado. SalgadoeLiñares ArquitectosEnxeñeiros

16:30 Mesa de debate e discusión aberta

 

Luis Gil Pita

Arquitecto e coordinador do proxecto - Santiago de Compostela [A Coruña]

SalgadoeLiñares

Arquitectos e Enxeñeiros - Bertamiráns [A Coruña]

David Soengas

Artesán canteiro - Antas de Ulla [Lugo]

Francisco Javier Alonso de la Peña

Arquitecto redactor do Plan Director da Catedral de Santiago - Santiago de Compostela [A Coruña]

Guillermo Rodríguez

Renovatio - Vigo [Pontevedra]

Javier Oujo

Sograni - Porto do Son [A Coruña]

José Ángel Lorenzo

Gerente do Clúster do Granito - O Porriño [Pontevedra]

Juan Ramón Vidal Romaní

Catedrático emérito da UDC e director do Instituto Universitario de Xeoloxía - A Coruña

Manolo Paz

Escultor - Cambados [Pontevedra]

Octavio Vázquez

PCM Granitos Moldurados - Lugo


Ampliar info

Manipulación de palla trenzada para a elaboración de complementos (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra

Docente: Félix de Martín

Datas: 6, 7 e 8 de xullo

Horario: De 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 21:00 horas

Nº prazas: 10

Neste taller o noso obxectivo é poñer en coñecemento a gran versatilidade dun material, tan habitual na  sombreirería ao longo da súa historia, a palla  trenzada. Aprenderase a manipulalo e preparalo para elaborar pezas da maneira máis tradicional: con costura a man. 

Ampliar info

Workshop: A cestería tradicional con palla e silveira (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

 

Docente: Álvaro M. Leiro

Datas: 6, 7 e 8 de xullo

Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas

Prazas: 3

Prezo inscrición: 35€

Contido: Traballarase na evolución da técnica de cosedura en espiral empregando a silveira para coser e a palla de centeo para o corpo de recheo do cesto. Requírense coñecementos previos de cestería con palla. Dirixido a artesáns e público en xeral interesado na cestería.

 

Ampliar info

Workshop: A cestería tradicional con vimbio (REALIZADO)

Do 6 ao 8 de xullo

Agolada (Pontevedra)

Docente:
Antonio Suárez Dávila

Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas

Prazas: 5

Prezo inscrición: 35€

Contido:
Os participantes tratarán de poñer en práctica diversas técnicas de cestería con vimbio que o mestre cesteiro Antonio Suárez vén desenvolvendo para a elaboración dunha ampla gama de cestos na súa tenda obradoiro de Vigo.Dirixido a artesáns e público en xeral interesado na cestería.

Ampliar info

Workshop: Introdución á ilustración (REALIZADO)

Realizarase un taller cada día

Agolada (Pontevedra)

 

Docente: Iria Ribadomar.

Datas: 6, 7 e 8 de xullo

Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas

Número de alumnos: 5 prazas por día

Prezo inscrición: 20€

Contido: Dirixido a artesáns e interesados nas técnicas de ilustración, o obradoiro terá unha duración de 8 horas, polo que os interesados poderán solicitar calquera dos tres días ao realizar a inscrición. De non cubrirse todas as prazas, existirá a posibilidade de realizar o obradoiro varios días, aumentando así o custe da inscrición.

 

Ampliar info

Novas ferramentas para novos materiais (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Rubén García-Louzao Araujo

Datas: 6, 7 e 8 de xullo

Horario: 11:00 a 14:00 15:30 a 21:30 horas

As persoas asistentes adquirirán as destrezas e coñecementos necesarios para a realización dunha peza ou obxecto empregando ferramentas como cortadoras láser, impresoras 3d e materiais termo deformables, espumas inxectables, polímeros, etc. 

Ampliar info

Redes sociais e comunicación en internet. Lugo (REALIZADO)

Lugo

Docente: Abertal Networks S.L.

Datas e horarios:

13 de abril: De 16:00 a 20:00 horas

27 de abril: De 16:00 a 19:00 horas

11 de maio: De 16:00 a 19:00 horas

Nº prazas: 12

A través desta acción ofrecémoslle aos obradoiros as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Realizarase un taller práctico sobre xestión e dinamización de espazos sociais, proporcionándolles aos asistentes os coñecementos necesarios para que xestionen e dinamicen os seus espazos sociais co dobre obxectivo de difundir as súas actividades e axudar a promover as empresas asistentes.

Ampliar info

Iniciación á creación de pezas básicas de sombreirería artesanal (REALIZADO)

Ourense

Docente: Félix de Martín

Datas: 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de abril

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas

Nº prazas: 10

Neste curso o obxectivo é poñer en contacto aos asistentes con técnicas básicas de  sombreirería para que, dunha maneira sinxela e sen necesidade de ferramentas específicas, comecen a realizar pezas de  sombreirería cun alto compoñente estético e/ou práctico. Recibirán as bases para poder investigar e evolucionar cara a técnicas máis complexas de maneira sinxela.

Ampliar info

Está todo no detalle. Acabados e remates para bixutería (REALIZADO)

A Coruña

Docente: Charmian Inman

Datas: 11, 12, 18 e 19 de novembro

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 32 

Contido:

Mellora técnica e formación:

• Técnicas específicas - fundición en area, traballo básico en astillera, para mellorar e personalizar o produto.

• Remates, nós, fornituras para bixutería.

O produto no mercado:

• Prezos

• Presentación

Ampliar info

Do patrón a un branco según a visión do deseñador Shingo Sato (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Shingo Sato

Datas: Do 21 ao 25 de outubro

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 48

Obxectivo: Os participantes adquirirán a destreza e o coñecemento necesario para a creación de pezas de moda aplicando a recoñecida técnica de Origame empregada polo modisto e creador xaponés Shingo Sato. Está previsto traballar en tres pezas diferentes.

 

Comunicarase o listado de participantes seleccionados o día 6 de outubro. Os alumnos ou alumnas seleccionados deberán aportar o seguinte material:

Común aos tres traballos: busto de modista, prancha, mesa de pranchar, máquina de coser, bolígrafos (4 cores), rotuladores grosos (4 cores), fío para coser, papel de agasallo (2 rolos de cores lisos).

Teas:

Peza 1: 2 metros de retor ou lenzo, 1 metro de algodón cor lisa, 1 metro algodón estampado, 1 metro satén, 1 metro de denim ou vaqueiro.

Peza 2: 2 metros de retor ou lenzo, 1 metro de algodón cor lisa, 1 metro algodón estampado, 1 metro satén, 1 metro de denim ou vaqueiro.

Peza 3: 2 metros de retor ou lenzo, 1 metro de algodón cor lisa, 1 metro algodón contraste

 

 

Ampliar info