Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Acolchado a máquina (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Brigit Aubeso Bell-lloch

Horario: De 09:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50

Ampliar info

Técnicas de olería tradicional (REALIZADO)

Xunqueira de Espadanedo (Ourense)

Docente: Agustín Vázquez

 

Horario: De 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas

 

Total horas: 40

 

Ampliar info

XV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea (REALIZADO)

Pontevedra

A Fundación Centro Galego dá Artesanía e do Deseño dispón de 4 prazas no XV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 15 ao 20 de xullo de 2013.

Programa:
O curso será pola mañá de 9.30 h a 13.30 h e pola tarde de 16 h a 19.30 h. O primeiro día farase a presentación dos ceramistas que mostrarán a súa obra por medio de imaxes, nesta presentación entaboarase un coloquio entre os artistas participantes e os alumnos. A continuación e unha vez coñecido o traballo dos ceramistas, pasarase aos talleres onde os profesores nos farán unha mostra de como traballan e na que os alumnos poderán realizar tamén obra nos talleres. Faranse coccións múltiples, de gas, electrico, redución, carbonización, forno de trincheiras, etc. O último día abriranse os fornos, e farase entrega dos certificados de asistencia.

Os artistas invitados este ano son María Bofill e Miguel Molet. Poden obter máis información acerca deles en:
www.mariabofill.com
www.miguelmolet.com

Ampliar info

Taller de EcoDeseño (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Dirixido a artesáns, deseñadores e arquitectos (máx. 15 prazas).

Taller de sensibilización teórico-práctico para a introdución do deseño de produto sostible no sector artesán, considerando aspectos de creación de valor económico e ambiental e a problemática actual relacionada cos procesos produtivos, a enerxía, os materiais, a contaminación, as substancias tóxicas, as mellores ambientais e normativa.

Obxectivos:

Incorporar ao saber artesanal, aspectos de metodoloxía do deseño con criterios sostibles.

Incorporar o valor do sostible nos produtos deseñados.

Incorporar a comunicación dos devanditos valores na comercialización dos seus produtos.

Concienciar e sensibilizar os participantes en torno ao concepto de sostibilidade e aos procesos de deseño relacionados.

Capacitar os asistentes para traballar e aplicar coñecementos específicos no seu labor diario de tal forma que posibilite unha mellora continua na xestión integral do seu comercio.

Impartido por Victoria Pereda, celebrarase o 6 de xullo de 16:00 a 21:00 horas, baixo o marco do II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no "Espazo Multidisciplinar".

Ampliar info

Recuperación de oficios tradicionais. Flores de tecidos. (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Viviana Araújo

Obradoiro impartido por Viaviana Araújo no marco do II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará, entre o 5 e o 7 de xullo de 2013, en Agolada (Pontevedra).

 

Horario: 11.00 h. - 14.00h. / 16.00 - 20:30 h.

 

Total horas: 22.5 h.

 

 

 

Ampliar info

Recuperación de oficios tradicionais. Pasamanería. (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Obradoiro impartido por Rafael González no marco do II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará, entre o 5 e o 7 de xullo de 2013, en Agolada (Pontevedra).

Horario: 11.00 h. - 14.00h. / 16.00 - 20:30 h.

Total horas: 22.5 h.

Ampliar info

Curso de iniciación a 3Design v7 (REALIZADO)

Santiago de Compostela e Bergondo (A Coruña)

Este curso, dun total de 40 horas e impartido por Marcos Márquez, terá lugar nas aulas da EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela. A xornada de prototipado desenvolverase no Obradoiro MasTaller, en Bergondo.

Primeira parte: venres 31 de maio, sábado 1 e domingo 2 de xuño 2013

venres: 16:00-21:00h / sábado: 9:00-14:00 e 16:00-21:00h / domingo: 9:00-14:00h

Segunda parte: venres 14, sábado 15 e domingo 16 de xuño 2013

venres: 16:00-21:00h / sábado: 9:00-14:00h e 16:00-21:00h / domingo: 9:00-14:00h

Total prazas dispoñibles: 16 (8 profesionais: cota 220 € / 8 estudantes: cota 120 €)

3Design é un programa de deseño específico de xoiaría, por ordenador, en 3D.

Neste curso de achegamento da xoiaría ás TIC, o alumnado aprenderá a estrutura do interface do programa e menús e debuxará en 2D e 3D con sólidos e superficies. Tamén creará presentacións fotorrealistas e preparará a peza de xoiaría para a súa posterior produción. Ao final do curso, o alumnado poderá desenvolver pezas en 3D, tanto para prototipar como para realizar catálogos e mostralos nunha páxina web. O alumnado será capaz de deseñar interactivamente cos seus clientes, en tempo real, calquera xoia.

A cota de inscrición inclúe as chaves para a utilización do programa durante todo o curso e a fundición dunha peza prototipada.

Este curso, ofertado pola EASD Mestre Mateo, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría, é o resultado da cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Ideouse como espazo de relación entre profesionais e estudantes de xoiaría.

Información inscricións

Estudantes: secretaría da EASD Mestre Mateo, 981 587 757

Profesionais: oficina do Colexio Oficial de Xoiaría, 981 598 858

A inscrición de profesionais farase por orde de ingreso da cota de inscrición (220 €) na conta bancaria da EASD Mestre Mateo e enviando o resgardo da transferencia á oficina do Colexio Oficial de Xoiaría.

Ampliar info

Aplicación de calceta e gancho para a decoración de interiores (REALIZADO)

Ourense

Datas: Do 24 ao 26 de maio e do 31 de maio ao 2 de xuño

 

Horarios: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas (Os venres tan só pola tarde)

 

Docente: Lola García Romanelli

 

 Total horas: 40h

Ampliar info

Iniciación Modelado Arxila metal Precioso (REALIZADO)

EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela

Datas: Do 10 ao 12 de maio

 

Docente: Marisa Perales

 

Total horas: 20h

 

Cuota: 295€

 

Inscrición na secretaría da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela

 

 

Ampliar info

Experiencias (REALIZADO)

Santiago de Compostela

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Economía e Industria colabora coa posta en marcha do proxecto Experiencias, iniciativa dos artesáns José Manuel Salvado Sanín e José María Mayer Segade.  Este proxecto consiste nunhas xornadas formativas que teñen como propósito fomentar a interrelación entre os actores principais do sector artesanal galego, os artesáns e artesás que no día a día do seu oficio adquiren coñecementos que son perfeccionados e testados directamente polos propios artesáns na relación comercial cos seus clientes.  A experiencia de compañeiros de oficio, sen dúbida, enriquece o traballo doutros artesáns e artesás que partindo da súa propia experiencia poden adaptar este coñecemento en prol da mellora da súa capacidade de adaptación ás duras esixencias do mercado actual.

 

Experiencias nace coa pretensión de poñer en marcha un intercambio de coñecemento, que signifique un foro de debate, a través da posta en común do bo facer dos profesionais do sector artesanal galego, en diversas áreas. A premisa fundamental na que se sustenta este proxecto é “O bo facer, é necesario compartilo”; baixo esta premisa cada artesán ou artesá que o desexe poderá compartir este coñecemento nunha determinada área e que considera que o levou a acadar bos e contrastados resultados ao longo da súa carreira profesional.  

 

A posta en marcha de Experiencias levarase a cabo o día 26 de abril de 2013, no edificio da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, baixo o seguinte programa:

 

PROGRAMACIÓN:

 

09.30/09.45        Presentación do proxecto por parte de Elena Fabeiro Castro e José Manuel Salvado Sanín.

10.00/11.30        Técnicas de elaboración de vídeos de empresa.  

Impartido por José María Mayer Segade de Maysil Artesanía y Diseño

 11.30/12.30       Descanso para o café.

 12.30/14.00       Facebook como medio de captación e fidelización de clientes.

Impartido por José Manuel Salvado Sanín do  Obradoiro de Percusión Tradicional Sanín.

14.00/16.30        Descanso para xantar.

16:30/18.00        Importancia da interactuación co cliente na venda directa.

Impartido por Ilda Amoedo Amoedo do Centro de Recuperación da Cultura Popular.

18.00/19.00       Intervención de Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio e Elena Fabeiro Castro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

19.00/20.00        Tempo para propostas e análise do evento por parte dos participantes.

Ampliar info