Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Obradoiro de ourivaría (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Susi Gesto

Datas: 7, 8 e 9 de xullo

Horario: De 11.30h a 14.00h  e de 16.00h a 21.30h

Nº prazas por sesión: 4

Prezo matrícula: 20 euros

Contido: Traballarase na evolución e historia da ourivaría compostelá e nas principais técnicas de deseño que a docente emprega no seu obradoiro de Santiago de Compostela. Realizarase a mesma sesión nos tres días do evento para alumnos diferentes cada unha delas.

 

Ampliar info

Construcción dunha viola medieval (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Xermán Arias

Datas: 7, 8 e 9 de xullo

Horario: De 11.30h a 14.00h e de 16.00h a 21.30h

Nº prazas: 5

Prezo matrícula: 35 euros

Contido: Reproducción dunha viola medieval de forma oval, tomando como referencia o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, concretamente o ancián nº6. 

Ampliar info

Obradoiro de sombreirería (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Viviana Araujo

Datas: 7, 8 e 9 de xullo

Horario: De 11.30h a 14.00h e de 16.00h a 21.30h

Nº prazas: 10

Precio matrícula: 35 euros

Contido: Tras o deseño, o coñecemento dos materiais, o moldeado e a montaxe das pezas elaborarase un sombreiro ou unha base de crochet de buntal, un sombreiro ou peza con buckram, tea e sinamay e unha á de sisal con banda e adorno tipo pamela.

Ampliar info

Obradoiro de cestería con vimbio (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Antonio Suárez

Datas: 7, 8 e 9 de xullo

Horario: De 11.30h a 14.00h e de 16.00h a 21.30h

Nº prazas: 5

Prezo matrícula: 35 euros

Contido: Traballarase nas principais técnicas de tecido con vimbio para a elaboración de pezas da cestería tradicional galega.

Ampliar info

Obradoiro de cestería con palla e silveira (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Álvaro M. Leiro

Datas: 7, 8 e 9 de xullo

Horario: De 11.30h a 14.00h e de 16.00h a 21.30h

Nº prazas: 3 (requírese coñecemento previo de cestería con palla)

Prezo matrícula: 35 euros

Contido: Traballarase na evolución da técnica de cosedura en espiral empregando silveira para coser e a palla de centeo para o corpo de recheo do cesto. 

Ampliar info

Iniciación ao repuxado en coiro (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Rosa Castro

Datas: 7, 8 e 9 de xullo

Horario: De 11.30h a 14.00h e de 16.00h a 21.30h

Nº prazas: 5

Prezo matrícula 35 euros

Contido: Os asistentes aprenderán as técnicas de repuxado e tinguido, cosido á man para a súa posterior aplicación a cadernos e escribanías, ou outras finalidades.

 

Ampliar info

Técnicas do "appliqué" en coiro (REALIZADO)

Cervo (Lugo)

Docente: Peter Main

Datas: 12, 13 e 14 de maio

Horario: 

Venres: 09:30 a 14:00 e 15:30 a 20:30

Sábado: 09:30 a 14:00 e 15:30 a 20:30

Domingo: 09:30 a 13:30

Total horas: 23

Nº prazas: 8

Ampliar info

Perfeccionamento de técnicas do encaixe de Barjac Ombreé (REALIZADO)

Ferrol

Docente: Pilar Montano

Datas: 29, 30 de abril, 1 e 2 de maio

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 32

Para particpar no curso é requisito fundamental ter realizado a parte de iniciación o pasado ano 2016.

Ampliar info

Curso de perfeccionamento de deseño e producción de novos produtos de bixutería para as redeiras de A Guarda (REALIZADO)

A Guarda

Docente: Montserrat Álvarez

Lugar: Nave das redeiras de A Guarda

Datas: 18, 19, 25 e 26 de novembro, 16 e 17 de decembro.

Horario: 09.00 a 14.00h / 15.00h a 20.30h

Contido: Coñecer as técnicas e posibilidades de traballo das redeiras para a elaboración dunha nova liña de bixutería utilizando as súas técnicas e coa introducíón de novos materiais como complemento ao curso desenvolto no ano 2015.

 

Ampliar info

Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda (50h) (REALIZADO)

Rianxo (A Coruña)

Docentes: Charo Froján e Alfredo Olmedo. Directores creativos da empresa de moda D-Due.

Contido: Coñecementos de deseño e estudo creativo das técnicas redeiras para a súa aplicación nunha colección de produtos de moda.

Datas e horarios:

Venres, 11 de novembro: de 9:00h a 14:00h e de 14:30h a 19:30h

Sábado, 12 de novembro: de 10:00h a 15:00h

Luns, 21 de novembro: de 9:00h a 14:00h e de 14:30h a 19:30h

Xoves, 1 de decembro: de 9:00h a 14:00h e de 14:30h a 19:30h

Venres, 2 de decembro: de 9:00h a 14:00h e de 14:30h a 19:30h

Sábado, 3 de decembro: de 10:00h a 15:00h

Lugar: A Barraca s/n -  Asados, 15984 Rianxo (A Coruña)

Nº de prazas: 8

Dirixido a redeiras con carta de artesá inscritas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e que se atopen dadas de alta como redeiras no ISM.

 

Ampliar info