Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Restauración e decoración de cadeiras (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Ana González Miguel.  Profesora de Restauración e decoración de obxectos de madeira e metal en CEARCAL (Centro de Artesanía de Castela e León).

Datas: 8, 9 e 10 de xullo

Horario: de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Prezo: 50 €

Número de prazas: 8

Importante: Os participantes deben de levar unha ou dúas cadeiras que desexen restaurar.

Obxectivo: Coñecer a través dun obxecto como é unha cadeira, os distintos pasos e a orde que debe de seguir o restaurador antes, durante e despois da intervención da peza a restaurar.

Contido:

Estudo da problemática da peza a restaurar.

Organización do traballo a executar e a súa orde.

Tratamentos de xilófagos

Reparación e reconstrución de partes desencoladas ou deterioradas.

Decapado e lixado

Tinguiduras e pinturas

Decorados ( A man, estarecidos, texturas, releves, veladuras, transferencias, decapados, cuarteados, etc...)

Acabados (Ao verniz, á cera).

 

Ampliar info

Que é unha xoia para ti? (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Susi Gesto

Fechas: 8, 9 e 10 de xullo

Horario: de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas

Lugar: Agolada (Pontevedra)

Prezo: 50 €

Plazas: 6

No obradoiro traballaremos as antigas técnicas da ourivería máis tradicional Compostelá e o seu traballo tan particular da filigrana combinada con elementos como o acibeche. Cada un dos participantes deseñará e levará a cabo unha xoia que deseñarán eles mesmos sen nengunha limitación creativa e esta se levará ata o remate pasando por todos os seus procesos de creación. Deixaremos voar entre todos a nosa imaxinación e creatividade utilizando o concepto de xoia de un modo inmaterial, dándolle importancia a historia e a mensaxe ademais de a técnica facendo que se convirta en algo que perdurará ao cabo do tempo. Convertiremos á xoia nun linguaxe de nova expresión mediante a técnica dun oficio de séculos de antigüedade e de capital importancia na  nosa cultura.

Non é un curso de iniciación a xoiaría, é unha viaxe pola creación e un reto persoal para quen pensa que non é capaz de realizar algo fermoso coas suas mans.

Ampliar info

Obradoiro de introdución á encadernación copta (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Pablo Otero Pino

Datas: 8, 9 e 10 de xullo

Horario:

Venres: de 16:00 a 21:00 horas

Sábado e domingo: de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Lugar: Agolada (Pontevedra)

Prezo: 40 €

Prazas: 8

Contenido:

1. Pintar papel ao engrudo

2. Pintar papel marmoleado

3. Introdución á creación de tapas para un libro. Elaboración dun "dar que falar"

4. Costura copta dunha libreta en blanco coas tapas feitas co papel do alumnado

Ampliar info

Técnicas de cestería tradicional (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Antonio Suárez Dávila

Lugar: Agolada (Pontevedra)

Datas: 8, 9 e 10 de xullo

Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Nº de prazas: 8

Prezo: 30 €

 

Ampliar info

Obradoiros de manipulado de papel. Aberto sen inscrición previa (REALIZADO)

Museo Granell - Praza do Toural, 8 Santiago de Compostela

Os nenos e nenas asistentes empregarán o papel para dar renda solta á súa creatividade elaborando distintas formas con técnicas de papiroflexia

Impartidos pola artesá e educadora social Palmira Castro, do obradoiro Mimadriña

Datas: 17 e 18 de xuño, 16 de xullo, 3 e 24 de setembro

Horarios:

Día 17 de xuño - 16:00 a 20:00 h

Días 18 de xuño, 16 de xullo, 3 e 24 de setembro - 12:00 a 14:00h. e de 17:00 a 20:00 h.

Ampliar info

Obradoiros de elaboración de papel. Do papel ao libro. Abertos sen inscrición previa (REALIZADO)

Museo Granell - Praza do Toural, 8 Santiago de Compostela

Os nenos e nenas asistentes coñecerán a historia da elaboración artesanal do papel e elaborarán eles mesmos varias follas a partir da pasta de papel

Impartido porla artesá do textil María José Martínez

Datas: 17 e 18 de xuño

Horario:

Día 17 - 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.

Día 18 - 12:00 a 14:00h. e 17:00 a 20:00 h.

Ampliar info

Obradoiros de iniciación ao torno cerámico. Xogo de cadáveres exquisitos. Abertos sen inscrición previa (REALIZADO)

Museo Granell - Praza do Toural, 8 Santiago de Compostela

Os asistentes elaborarán pezas de barro mediante este método de creación colectiva consistente en elaborar partes dunha peza a continuación doutra sen preocuparse da coherencia ou o sentido que o resultado final puidera ter

Impartidos polos ceramistas Susana González e Antón Román

Dirixidos a toda a familia

Datas: 17 e 18 de xuño

Horario:

Día 17 - 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.

Día 18 - 12:00 a 14:00h. e 17:00 a 20:00 h.

Ampliar info

Formación para a produción de mobiliario da firma Juan Ares Design Marine (REALIZADO)

Ribeira (A Coruña)

Dirixido a redeiras con carta de artesá inscritas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e que se atopen dadas de alta como redeiras no ISM.

Datas: 26, 27 e 28 de maio, 2, 3, 4,  8, 9 e 10 de xuño

Horario:

Xoves: de 16:00 a 20:00 horas

Venres e sábados: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Docentes: O deseñador de produto Juan Ares e a artesá de cestería contemporánea Idoia Cuesta

Lugar de celebración: Novo Mercado Municipal de Ribeira. Primeira Pranta

Contido:

Elaboración dun novo deseño (Novidade: puff A 2016) da colección REDuse, pertencente á editora Juan Ares Design Marine

Elaboración do novo deseño (Novidade: puff B 2016) da colección REDuse, pertencente á editora Juan Ares Design Marine

Elaboración de novo deseño de (Novidade 2016): Paneis Acústicos para interiores pertencente á editora Juan Ares Design Marine

Elaboración de Antucas (Novidade 2016) pertencente á editora Juan Ares Design Marine. Este modelo contará coa participación da artesá Idoia Cuesta

Obxectivos:

A finalidade deste curso e a elaboración de prototipos, deseños propiedade rexistrada da editora Juan Ares Design Marine que terá a capacidade da súa comercialización Os novos deseños presentados serán potencialmente obxecto de ser encargada a súa elaboración ás redeiras participantes no curso.

Nº alumnos/as: Máximo 8

Ampliar info

Perfeccionamento de deseño e produción dunha nova colección de complementos e bixutería (REALIZADO)

Corme

Docente:  Rosalía Castro

Datas: 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de abril de 2016

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (días 21 e 22)

09:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (días 26, 27, 28 e 29)

Lugar de celebración: Nave das redeiras de Corme

Nº alumnos/as: Máximo 6

Contido: Coñecer as técnicas e posibilidades de traballo das redeiras para a elaboración dunha liña de nova bixutería e complementos utilizando as súas técnicas e coa introducción de novos materiais como complemento ao curso realizado no pasado 2015.

Obxectivos:

Mellora da calidade e elaboración de novos produtos de bixutería e complementos de moda

Elaboración dunha nova colección de complementos e bixutería

Posibilidade da inclusión no epígrafe de bixutería do RXAG

Requisitos: Estar en posesión da carta de artesá de elaboración de redes.

 

Ampliar info

Técnicas do encaixe Barjac Ombreé (REALIZADO)

Ferrol

Docente: Pilar Montano

Datas: Do 19 ao 22 de marzo

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Total horas: 32

Ampliar info