Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

PROXECTO ENTRALAZADOS (realizado)

Ourense

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, colabora coa Asociación de Artesáns de Ourense (ADAO) organizando o proxecto formativo Entrelazados, co fin de impulsar a formación e a colaboración entre os distintos profesionais do sector artesanal galego. Promover o talento e consolidar un sector competitivo forma parte da estratexia que a Xunta de Galicia está a seguir a través do Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016.

No proxecto Entrelazados encádranse tres actividades formativas que se celebrarán na cidade de Ourense entre decembro de 2015 e xaneiro de 2016. As actividades a desenvolver son as seguintes:

 

Entrelazados: Iniciación á cestería

Datas: 30 e 31 de xaneiro

Lugar de celebración: Local da Asociación de Artesáns de Ourense – Rúa Colón, 24 Baixo

Horario: 10:00 a 14:00 - 16:30 a 20:30

Número de horas: 16 horas

Docente: María Belén Rodríguez Estévez

Número de prazas: 15

Contido: Empregando médula de ratán e madeira,os participantes coñecerán, da man da artesá docente, diversas técnicas de tecido dos materiais e as principais técnicas de remate das pezas de cestería

 

Entrelazados: Tear circular

Datas: 19 e 20 de decembro

Lugar de celebración: Estudio Logaro – Rúa Paseo, 10 Local 12

Horario: 10:00 a 14:00 - 16:30 a 20:30

Número de horas: 16 horas

Docente: María Dolores García Romaneli

Número de prazas: 15

Contido: O tear circular é un dos denomidados teares modernos onde a urdime se distribúe de xeito circular arredor dun soporte cun número impar de ranuras. Este tipo de teares permite non só realizar tecidos circulares, senón tamén tecer por sección, dobrar urdimes, realizar figuras xeométricas e volumes

 

Entrelazados: Iniciación ao fiado

Datas: 9 de xaneiro

Lugar de celebración: Estudio Logaro – Rúa Paseo, 10 Local 12

Horario: 10:00 a 14:00 - 16:30 a 20:30

Número de horas: 8 horas

Docente: María Dolores García Romaneli

Número de prazas: 15

Contido: Realizaranse exercicios prácticos para o correcto emprego do fuso e a manipulación das fibras. Estudaranse diversas técnicas de enfiado e daráselles a coñecer aos alumnos a teoría sobre xiros e o equilibrio

 

Matrícula gratuíta para os asociados de ADAO e 40 euros para outros interesados.

Inscricións: patricia.vidal@ceo.es T. 988 391 110

 

Ampliar info

Auditorías de impacto para a presenza en Internet de empresas artesanais (REALIZADO)

Santiago de Compostela

As auditorías de impacto ofrecen aos obradoiros artesanais as ferramentas necesarias para optimizar os recursos comunicacionais e mellorar a súa promoción e comercialización a través de Internet. No bloque de comercialización daranse as claves e os conceptos básicos que calquera empresa debe ter presenta se quere dar o paso a un bo uso de Internet. Se coñecerán as distintas ferramentas de Internet para a súa promoción, así como novos modelos de venta en liña, e as claves a ter en conta para vender. No segundo bloque os docentes analizarán a presenza en Internet dos obradoiros asistentes ao seminario. Para aumentar a eficiacia deste segundo bloque, os asistentes poderán facilitar soportes impresos nos que usen a súa imaxe ou liña de comunicación, as URLs das webs a analizar ou perfiles nas redes sociais.

 Calendario de traballo:

-       26 de novembro: Realizaranse presencialmente dúas horas de auditoría de impacto e outras dúas horas de presentación dos conceptos principais, e posta en marcha dun plan de acción para as vindeiras semanas.

-       2 semanas de seguimento a distancia das acción do grupo de traballo creado. 

-       10 de decembro: Realizarase presencialmente unha avaliación do traballo feito e traballarase conxuntamente na creación de propostas de mellora. 

-       4 semanas de seguimento a distancia das accións do grupo de traballo. 

-       14 de xaneiro: Sesión presencial onde se avaliará o traballo realizado e se tratarán as vías de mellora a emprender polos asistentes.

 

Docentes:

Daniel Cerqueiro: Xerente de Abertal, especialista en marketing online, redes sociais e ferramentas 2.0.

Manuel L. Pan: Consultor especialista en Comercio e TIC. Ten realizado traballos de asesoramento neste campo para Turgalicia, Xunta de Galicia, asociacións empresariais, deputacións e diversos concellos e empresas.

     Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública - Rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña

Ampliar info

Técnicas de patronaxe e montaxe dun branco (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Datas:

21, 22, 28 e 29 de novembro de 2015

16, 17 23, 24, 30 e 31 de xaneiro de 2016

6, 7, 13, 14, 20 e 21 de febreiro de 2016

 

Horarios:

Sábados: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Domingos: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas

 

Docentes:

Rebeca Rodríguez González

María Dolores Pastoriza Ferradás

 

Total horas: 100 horas

Nº de prazas: 20

 

Obxectivos do curso:

- Dominar as técnicas actuais de patronaxe e montaxe de prendas

- Realizar patróns de distintos modelos

- Transformar o patrón base para obter o patrón modelo

- Cosido e ensamblado dos distintos compoñentes da prenda

Ampliar info

Perfeccionamento de técnicas de plumería para moda (REALIZADO)

Santiago

Docente: Serkan Cura
Horario: 09.45 a 14.00 16.00 a 20.00
Duración total: 50 horas

Ampliar info

CONSTRÚE O TEU XOGUETE SONORO (realizado)

Catedral de Tui (Pontevedra)

Taller de xoguetes sonoros tradicionais con XANECO

SÁBADO 8, ás 20.30 horas. Acceso libre.

 

Este obradoiro estará destinado a un público familiar, ata un máximo de 25 nenos e nenas por orde de chegada (desde os 5 anos), acompañados por un maior. A súa finalidade é sensibilizar e mostrar o rico patrimonio inmaterial lúdico galego e transformaranse elementos da natureza en tres xoguetes sonoros: asubío de avelá, carrizo de noz e ruxerruxe.

Ampliar info

CONSTRÚE O TEU PANDEIRO (realizado)

Catedral de Tui (Pontevedra)

Taller de instrumentos tradicionais con XANECO

VENRES 7, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. SÁBADO 8, de 10 a 14 horas.

 

 

Edición a edición, a música tradicional forma parte do programa multidisciplinar Música no claustro en Tui (Pontevedra). Nesta ocasión, coñeceremos o proceso artesanal de construción dos nosos instrumentos de percusión, coa atención posta no pandeiro, e traballaremos as ferramentas, madeiras e peles. Cada participante elaborará, xunto con Xaneco, o seu propio instrumento que, unha vez tensado e afinado, poderá levar para a súa casa. O obradoiro complétase cun encontro en exclusiva con Xabier Díaz antes do seu concerto.

Custo da inscrición: 30 € para todos os públicos e 20 € para os artesáns acreditados.

Prazas: 10 adultos.

 

Ampliar info

ESCULTURA EN VIMBIO (realizado)

Catedral de Tui (Pontevedra)

Residencia artística participativa con IDOIA CUESTA

XOVES 6 e VENRES 7, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas

 

A Catedral de Tui (Pontevedra), como motor vivo de creación artística ao longo dos séculos, ábrelle as súas portas a Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014, co fin de construír unha escultura inspirada na técnica de niño, realizada con vimbio. Nada novo se pensamos que hai 700 anos a cestería xa estaba presente, non só na vida social, senón tamén na personalidade do edificio, coma revelan os arcos da porta románica, ou os cestos cheos de froita nas tallas barrocas da sancristía e do coro, como o cesto de Santa Sila. Esta escultura, creada por Idoia Cuesta xunto aos dez participantes do taller, permanecerá na Catedral e dotará o espazo dunha obra contemporánea visible para os visitantes.

Custo da inscrición: 30 € para todos os públicos e 20 € para os artesáns acreditados.

Prazas: 10 adultos.

Ampliar info

Obradoiro infantil "Artesanía no prato" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos no que elaborarán pratos fríos e aprenderán a realizar presentacións e montaxes con pezas de Artesanía de Galicia.

Data: 5 de xullo

Horario: De 17:30 a 19:30

Ampliar info

Workshop "Fotografía aplicada á artesanía" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Peter Schneider

Datas: 4 e 5 de xullo

Horario: Sábado de 16:00 a 21:00 e domingo de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Número de prazas: 8

Prezo: 20 euros

 

O curso está dirixido a persoas que non teñan coñecementos previos de fotografía e que coas súas cámaras non profesionais desexen adquirir nocións básicas da cámara, a lente e o seu uso, o histograma, o enfoque e os modos de programa. A finalidade é que poidan realizar fotografías de calidade das súas pezas para as súas publicacións en web, redes sociais ou páxinas de venda online.

Ampliar info

Workshop "Fotografía para dispositivos móbiles. Artesanía no prato" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: David Cabezón

Data: 4 de xullo

Horario: De 17:30 a 19:30 horas

Número de prazas: 15

Prezo: 5 euros

Tratarase de desenvolver un obradoiro de fotografía gastronómica na que se traballará con composicións e estilismos que combinen as elaboracións gastronómicas e as pezas de artesanía.

Ampliar info