Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Complementos de moda: Sombreirería (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Viviana Araujo

Datas: Do 16 ao 21 de xuño

Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50h

Ampliar info

The Handcraft Experience: O proceso creativo. Aplicación e desenvolvemento no mercado actual (REALIZADO).

A Coruña

Docentes: Sara Coleman e Idoia Cuesta

Datas: 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de xuño

Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 48h

Programa:

- Principios básicos do deseño. Reflexións para unha nova visión entre a artesanía e o deseño.

- Cara onde camiña a artesanía?

- O mercado na actualidade. Análise de situación.

- A importancia do deseño como valor engadido no desenvolvemento do produto artesanal.

- O proceso creativo e o seu desenvolvemento.

- Técnicas téxtiles e de cestería. Aplicación innovadora a un produto comercial.

- Proceso de construción, mecánica da función e a creación.

- Análise de fortalezas e debilidades de cada deseño realizado polos alumnos

- Modificacións pertinentes

- Exposición e debate

 

O sábado, 14 de xuño ás 19:00 horas, Sara Coleman e Idoia Cuesta impartirán unha conferencia aberta ao público en xeral, na sede da Fundación Luis Seoane sobre o proceso creativo e a súa introdución no mercado actual. Para asistir á conferencia non é preciso realizar a inscrición neste curso. 

Ampliar info

Iniciación á costura. Corte e confección (REALIZADO)

Ourense

Docente: Celia Blanco

Datas: aprazado

Horario: De 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50h

 

Ampliar info

Elaboración de contas de vidro con soprete (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Susana Armada

Datas: Do 28 de abril ao 3 de maio

Horario: De 09.30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50

Ampliar info

Técnicas de encaixe moderno (REALIZADO)

Ferrol (A Coruña)

Docentes: Iva Prosková e Marisa Hermida.

Datas: Do 12 ao 14 de abril e do 13 ao 15 de xuño.

Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas.

Total horas: 50h

Ampliar info

Centón para especialistas (REALIZADO)

Santiago de Compostela

Docente: Reiko Kato

Datas: Do 24 de febreiro ao 1 de marzo

Horario: De 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (O día 1 de marzo tan só pola mañá)

 

Ampliar info

Iniciación ao bordado tradicional (REALIZADO)

O Milladoiro, Ames (A Coruña)

Docente: Pilar Castiñeira

Datas: Do 13 ao 15 e do 20 ao 22 de decembro

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os venres tan só pola tarde.

Total horas: 40

 

Ampliar info

Técnicas de xoiería para ceramistas (REALIZADO)

Monforte de Lemos (Lugo)

Docente: Nuria Soley

Datas: do 28 de outubro ao 1 de novembro

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 40

Ampliar info

Ecodeseño e ecoconstrución en embarcacións de madeira (REALIZADO)

Marín (Pontevedra)

Curso destinado a carpinteiros de ribeira en activo tanto xestores de estaleiros como operarios que queren coñecer as novas técnicas de ecoconstrución e ecodeseño das embarcacións en madeira.

O grupo estará formado entre 9-12 alumnos con coñecementos do sector pero con carencias na aplicación do ecodeseño e a ecoconstrución nas embarcacións que constrúen.

Total horas: 60 horas entre sesións teóricas e prácticas.

Sesións teóricas: 6 horas

Sesións prácticas: 54 horas

Lugar de celebración: as clases impartiranse no Centro de Formación Aixola, sito no porto pesqueiro de Marín, s/n.

A duración das clases será de 5 horas lectivas os venres pola tarde en horario de 16:00 a 21:00h e os sábados pola maña en horario de 09:00 a 14:00h.

Datas:

18, 19, 25 e 26 de outubro

8, 9, 15 ,16, 29 e 30 de novembro

13 e 14 de decembro

Ampliar info

Deseño e maquetación: Programa InDesign (REALIZADO)

Vigo (Pontevedra)

Docente: María Lado Fernández

Datas: do 14 ao 19 de outubro

Horario: de 09:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50

 

Ampliar info