Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Deseño e maquetación: Programa InDesign (REALIZADO)

Vigo (Pontevedra)

Docente: María Lado Fernández

Datas: do 14 ao 19 de outubro

Horario: de 09:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50

 

Ampliar info

Aproximación ao centón (REALIZADO)

Xuño, Porto do Son (A Coruña)

Docente: Paula Suárez

Datas: 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de outubro

Horario: De 09:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50

Ampliar info

Cesterámica (REALIZADO)

Trabada (Lugo)

Docentes: Lucía Catuxo e Carlos Fontales

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 16

 

Obradoiro dirixido a artesáns e deseñadores interesados na elaboración de pezas que conxuguen os oficios da cestería e a cerámica.

Ampliar info

Workshop "Ferramentas para a nova cociña" (REALIZADO)

Xermade (Lugo)

Impartido polo deseñador Martín Azúa, este workshop está dirixido a artesáns e deseñadores. Se traballará no eido da cultura de proxecto en deseño aplicado á produción artesanal. Os participantes conceptualizarán un produto dentro do ámbito da cociña tendo en conta as cualidades mateirais e simbólicas da madeira e a técnica do torneado. Na cociña contemporánea reinvindícase o local tanto no consumo de produtos de proximidade como na posta en valor de tradicións culinarias. Dende o deseño e a artesanía pódese traballar para salvagardar o potencial do tradicionale o local non só co fin de mantelo, tamén para facer que trascenda e sexa recoñecido. Da tradición pode emerxer a innovación.

Lugar: Biblioteca Municipal de Xermade

Data: Do 19 ao 22 de setembro

Horario: 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas (o xoves tan só pola tarde)

Ampliar info

Técnicas de empeces e remates do encaixe (REALIZADO)

Neda (A Coruña)

Docente: Alicia Sevilla

Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 40

 

 

Ampliar info

Acolchado a máquina (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Brigit Aubeso Bell-lloch

Horario: De 09:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50

Ampliar info

Técnicas de olería tradicional (REALIZADO)

Xunqueira de Espadanedo (Ourense)

Docente: Agustín Vázquez

 

Horario: De 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas

 

Total horas: 40

 

Ampliar info

XV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea (REALIZADO)

Pontevedra

A Fundación Centro Galego dá Artesanía e do Deseño dispón de 4 prazas no XV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 15 ao 20 de xullo de 2013.

Programa:
O curso será pola mañá de 9.30 h a 13.30 h e pola tarde de 16 h a 19.30 h. O primeiro día farase a presentación dos ceramistas que mostrarán a súa obra por medio de imaxes, nesta presentación entaboarase un coloquio entre os artistas participantes e os alumnos. A continuación e unha vez coñecido o traballo dos ceramistas, pasarase aos talleres onde os profesores nos farán unha mostra de como traballan e na que os alumnos poderán realizar tamén obra nos talleres. Faranse coccións múltiples, de gas, electrico, redución, carbonización, forno de trincheiras, etc. O último día abriranse os fornos, e farase entrega dos certificados de asistencia.

Os artistas invitados este ano son María Bofill e Miguel Molet. Poden obter máis información acerca deles en:
www.mariabofill.com
www.miguelmolet.com

Ampliar info

Taller de EcoDeseño (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Dirixido a artesáns, deseñadores e arquitectos (máx. 15 prazas).

Taller de sensibilización teórico-práctico para a introdución do deseño de produto sostible no sector artesán, considerando aspectos de creación de valor económico e ambiental e a problemática actual relacionada cos procesos produtivos, a enerxía, os materiais, a contaminación, as substancias tóxicas, as mellores ambientais e normativa.

Obxectivos:

Incorporar ao saber artesanal, aspectos de metodoloxía do deseño con criterios sostibles.

Incorporar o valor do sostible nos produtos deseñados.

Incorporar a comunicación dos devanditos valores na comercialización dos seus produtos.

Concienciar e sensibilizar os participantes en torno ao concepto de sostibilidade e aos procesos de deseño relacionados.

Capacitar os asistentes para traballar e aplicar coñecementos específicos no seu labor diario de tal forma que posibilite unha mellora continua na xestión integral do seu comercio.

Impartido por Victoria Pereda, celebrarase o 6 de xullo de 16:00 a 21:00 horas, baixo o marco do II Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no "Espazo Multidisciplinar".

Ampliar info

Recuperación de oficios tradicionais. Flores de tecidos. (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Viviana Araújo

Obradoiro impartido por Viaviana Araújo no marco do II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará, entre o 5 e o 7 de xullo de 2013, en Agolada (Pontevedra).

 

Horario: 11.00 h. - 14.00h. / 16.00 - 20:30 h.

 

Total horas: 22.5 h.

 

 

 

Ampliar info