Novas

A Artesanía de Galicia protagoniza a feira creativa do Mercado da Estrela que se celebra esta fin de semana en Santiago

 

15-12-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe o encontro no que participan un total de 31 obradoiros artesáns de 14 oficios diferentes. A dirección xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe o Mercado da Estrela, un festival urbano de inverno que celebra a súa sétima edición visibilizando a creatividade galega.

Dentro do encontro, que conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, inclúese unha feira creativa que por primeira vez estará composta exclusivamente por obradoiros rexistrados na marca Artesanía de Galicia. En total no evento, que se celebra ata o domingo, participan un total de 31 obradoiros artesáns de 14 oficios diferentes, coma o coiro, a xoiaría, a madeira, a cerámica, a sombreirería, a olaría, a tornería, os complementos de moda, o debuxo, o manipulado de papel e de cartón, a cestería téxtil, o traballo con corda de algodón, así como colareiras e modistas.

No Espazo 1, no Museo do Pobo Galego participan os obradoiros de Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), Degerónimo (Santiago de Compostela), Armaior (Quiroga), Jatafarta (Santiago de Compostela), Noga Art’s (Santiago de Compostela), Leónlagata (Sanxenxo), Milena Colella (Santiago de Compostela), Montse Betanzos (O Grove), Nena Ventura (A Coruña), Carla Alfaia Xoiería (A Coruña), Ferraxe de prata (Teo), Tres caracoles (Lugo), Latontaylarubia (Santiago de Compostela), Linho e lá (Gondomar), Boina Galega (Santiago de Compostela), Malvina Sellanes (Santiago de Compostela), Víctor Ares (A Coruña), Olería Carmen Isabel (Malpica de Bergantiños), Witchneeds (Vigo), Copia cerámica (Santiago de Compostela), Paparolo Ocarina (Teo), Paseloqpase (Vilagarcía de Arousa), Pilar Cupeiro (Cospeito), Racataplán (Viana do Bolo) e Mil Brumas (Lugo).

Complementan a mostra de Artesanía de Galicia outros seis obradoiros que participan no Espazo 3, na Casa do Matadoiro: Misha Millinery (Santiago de Compostela), M. Bastiaans (Santiago de Compostela), El arce imaginario (A Coruña), Recuncho de cucadas (Noia), Deica creacións (Santiago de Compostela) e Mamaié (Ourense).

Entre as accións que levarán a cabo Artesanía de Galicia e Galicia Calidade destaca o sorteo nas redes sociais do Mercado da Estrela de dous premios de dúas noites de hotel, nun establecemento certificado por Galicia Calidade.